viernes, 30 de noviembre de 2018

CONSTRUIMOS UN INVERNADOIRO


O curso pasado o viveiro de aromáticas, instalado nunha aula baleira, non resultou polo que era necesario un invernadoiro que garantise certas condicións de calor, luz, humidade...Ademais este invernadoiro posibilita realizar dentro del cultivos no inverno no que o tempo é maioritariamente adverso e pouco apropiado para que o alumnado ande ó aire libre.

Para o alumnado é unha novidade pero nos 50 anos do colexio non é nada novo: no Coirón-Dena xa tiveron un invernadoiro máis grande e incluso recibiron charlas dun enxeñeiro agrónomo.

 Nos días 24, 25 e 26 de outubro as familias colaboraron na construción do invernadoiro.
  • Traballo na tarde do 24 de outubro: delimitar a área, abrir zanxas, apartar pedras e armar ferraxes.
  • Traballo na tarde do 25 de outubro: fixar as ferraxes nas zanxas con cemento.








  • Traballo na tarde do 26 de outubro: poñer, tensar e fixar o plástico nas zanxas con terra.

 AGRADECEMENTOS:
Agradecemos a colaboración das familias que traballaron moito e incluso trouxeron ferramentas das súas casas.
Agradecemos ás familias que, ao recoller ós fillos/as das actividades extraescolares, se acercaron ó horto escolar para dar ánimos.
Agradecemos a xenerosidade da señora Lourdes de Prefabricados Pérez que nos deu o formigón.

Estamos seguros de que moitas familias quixeron colaborar pero non puideron nesas datas.

O invernadoiro inda está a espera de poñerlle as portas pero xa o alumnado pode cultivar nel.


miércoles, 14 de noviembre de 2018

ENCONTRO COS AMIGOS E AMIGAS DE REDONDELA

Os nenos e nenas de Infantil intercambiamos unha comunicación cos de Infantil do CEIP Porto Cabeiro (Redondela) no curso 2017-2018.O encontro entre ambos foi posible o pasado mes de outubro no Castelo de Soutomaior. A xornada nese lugar tan fermoso e na compaña dos amigos e amigas de Redondela foi especial. Eles agasalláronnos un mural representativo de Redondela.
Ese día, con tanta emoción acumulada de chegar o ansiado día para encontrarnos os dous colexios, quedounos o noso asallo para eles en Dena. Tíñamos preparada para eles unha árbore que ten unhas follas coma de abanico chamada Ginko biloba.
Ó día seguinte fixémoslles chegar a árbore ó colexio deles. O CEIP Porto Cabeiro é un colexio que reformaron fai pouco e está chulísimo. A árbore gustoulles e axiña a porán no horto.
Nós atopamos un oco preto das aulas de Infantil para o mural que con tanta arte e cariño fixeron para nós os amigos e amigas de Redondela.

viernes, 9 de noviembre de 2018

1º E 2º DE PRIMARIA VISITAN A BASE CONTRAINCENDIOS DO CAMPIÑO


O alumnado coñeceu da man dos brigadistas o duro traballo que realizan e os medios que dispoñen na loita contra os lumes. E, por suposto, non perderon a oportunidade de subirse ó helicóptero!



martes, 9 de octubre de 2018

ARRECENDE A LAVANDA

E é que os raparigos e raparigas de 1º de Primaria podaron as prantas de lavanda.




Logo da poda toca recoller.



Na aula picaron miúdo todos os anacos para conservar e poder facer, noutra ocasión, algún obradoiro no que se precise lavanda.








A PRIMEIRA VISITA AO HORTO








Comezado o curso escolar o horto recibe as primeiras visitas dos nenos/as no cal poden observar: amorodos, prantas aromáticas, fermosas flores de cabaza, cabaciñas e bechos que suben polas paredes.




lunes, 1 de octubre de 2018

TRABALLAMOS MOITO NO HORTO








 O alumnado traballou moito e o horto escolar, en xuño, quedou cheo de cultivos: amorodos, pementos, tomates, leitugas, berenxenas, xudías, cabazas…












No verán, o horto estaba espectacular...

Engadir título