lunes, 6 de diciembre de 2021

COCIÑAMOS E DEGUSTAMOS AS NOSAS PIPAS DE XIRASOL


 Os xirasoles  recollidos no horto deixáronse secar e logo debullamos todas e cada unha das pipas. Nun cazo cun chisco de auga e sal, tostámolas e logo degustámolas.












A PODAR LAVANDA!

 Os raparigos e ragarigas de 1ºA podaron a lavanda. Actividade  manual con tesoiras escolares na que ademais activaron o sentido do olfacto co recendo da lavanda.






EXPOSICIÓN DE OUTONO



 As cores e froitos de outono  formaron parte de exposicións, decoracións, actividades e enredos no colexio.









CELEBRAMOS O MAGOSTO



 O 12 de novembro celebramos nos Pasales o Magosto. Todas aulas realizazon unha andaina ata o parque e no traxecto mesmo puidemos observar como medrou algún dos castiñeiros plantados no Magosto 2020.


























Asadiñas as castañas, todos e todas a papar nelas!





Bailamos coa música tradicional da Agrupación Musical Penaguda.











EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN

 Retomamos a tradicional exposición de cabazas. O nivel de participación do alumnado e colaboración das familias foi enorme. Cabazas talladas, pintadas e orixinais  foron chegando e tantas eran que tivemos que colocar máis mesados.





Aquí as cabazas premiadas.




viernes, 3 de diciembre de 2021

INSTALAMOS A ESTACIÓN METEOROLÓXICA

 Que chova, que vente e se fai sol, que quente! 

 Instalada a estación meteorolóxica no patio  con conexión dixital nun rexistro no interior do colexio, xa dispoñemos de información precisa e en todo momento do tempo no Coirón-Dena.



XIRA, XIRA XIRASOL

 Iniciado o outono observamos os fermosos xirasoles nos que torna a flor ó froito mesto  e  xeometricamente concéntrico. Recollemos mostras  e mesmo medimos a lonxitude dalgúns talos.