lunes, 8 de junio de 2020

SEMENTAR, SEMENTAREI...

As sementes teñen un valor moi grande se pensamos cómo perviven xeración tras xeración. Moitas sementes de cultivos pérdense cando de pais a fillos non se transmite a súa conservación e plantación.

Teñamos curiosidade e preguntemos ós maiores e, sobre todo, sementemos!

De semilleiro pode valer unha caixa de ovos, un tarriño de iogur, un vaso de auga con algodón...



Vexamos cómo con lúa crecente as sementes xerminan rápido e con forza, e con lúa decrecente de modo lento e delicado. 

Exemplo de cabaza peregrina que Manuel xermina en fase luar crecente e na que ve cambios dun día para outro:




Parabéns para Manuel por ser tan observador! 

Parabéns para todos e todas  persoas que fan semilleiros! 

Parabéns polo bo facer e saber dos maiores e aprendamos deles! 



FAGAMOS INSTRUMENTOS MUSICAIS CO QUE ATOPEMOS

A natureza ofrécenos instrumentos rudimentarios como cunchas, paus e herbas que con só rozar, percutir e soprar producen son. Sirvámonos da natureza pero tamén de material de refugallo para crear instrumentos musicais. Vexamos algúns exemplos:






Parabéns polos exemplos!

 Parabéns para a nena  de 1º A que  lle pon unha nota de cor ó seu instrumento musical feito con material de refugallo!

                                        Vexamos os instrumentos que sodes capaces de facer!



ATENCIÓN Ó PULGÓN

Están as hortiñas e xardíns con xermolos e plantiñas e os pulgóns non paran de rillar.

                       Atención ó pulgon!                             Busquemos unha solución!   

Podemos eliminar o pulgón cunha  infusión de allo. Para elo precisamos ferver 10 litros de auga e  meter na auga unha cabeza de allo partida en dúas metades horizontalmente. Deixamos que enfríe e pulverizamos durante tres-catro días onde haxa pulgón.

 Outra solución é que as xoaniñas se ocupen deles e os coman. Podemos convidar ás xoaniñas a que queden na nosa hortiña e se dean un festín. Facilitarémoslle a hospedaxe creando un hotel para elas con material que atopemos tipo: ladrillos, canas, paus, piñas, tacos de madeira....

Acaso non lembrades que no horto escolar construimos un!

Moito ánimo e contádenos:  cómo vos gusta manter á raia ó pulgón,  e cómo de bos sodes construindo unha casiña ou complexo hoteleiro para as xoaniñas!

INSTRUMENTOS DE MEDIDA CON MATERIAL DE REFUGALLO

Os rapaces e rapazas de 5º de Primaria elaboraron instrumentos de medida para unha actividade de Matemáticas como preparación para o inicio do tema de Unidades de Medida. Os instrumentos foron feitos con material de refugallo.






Un pluviómetro, un termómetro e unha veleta. Case nada!

Parabéns para o alumnado polo inxenio de crear aparellos moi útiles con materiais de refugallo!.







viernes, 5 de junio de 2020

5 DE XUÑO DÍA INTERNACIONAL DO MEDIOAMBIENTE

Lembremos neste día especial de depositar no contenedor verde de lixo orgánico ou común as mascariñas e luvas usadas.
 No caso do lixo xerado por persoas afectadas co coronavirus, meterase nunha bolsa pechada e as autoridades vos informarán da súa recollida. Ditas bolsas soen recollelas e levalas ó punto limpo onde pasarán unha corentena e logo engádense ó proceso de tratamento do lixo orgánico ou común.

                   Coidémonos, coidemos do noso Medioambiente.