jueves, 24 de noviembre de 2022

PREPÁRASE O HORTO

O 10 de novembro familias das aulas que van cultivar e mestres, guiados polo mestre de cultivo biointensivo Guillermo Rodríguez, prepararon o horto. Iniciamos a actividade no horto novo retirando os espantallos e herbas. Utilizouse o bieldo para afloxar a terra e foi doado posto que a terra, ó non ser pisoteada, estaba solta e permitía arrincar con facilidade o necesario. Ademais de herbas, retiráronse os amorodos para replantar, colleitouse boniato pouco desarrollado pola xeada e recolleuse material seco dos xirasois para compost.
Logo, no horto do invernadeiro, preparáronse os bancais afloxando a terra co bieldo e retirando herbas. Obtivemos o primeiro compost peneirándoo cunha caixa afuracada. Adecentouse o interior do invernadeiro para iniciar as actividades de semilleiros. Acumulamos unha boa meda de gramón que non se pode aproveitar para facer compost tipo biointensivo, pero buscarémoslle unha solución ou destino.
Tamén xurdiron ideas para evitar as herbas lindeiras do invernadoiro, falamos de curiosidades do amaranto e tamén doutras plantas que poden ter un lugar no colexio para disfrute de todos. Agradecemos a colaboración das familias que participaron neste traballo! Seguramente máis familias tiñan gañas de vir pero non puideron.

viernes, 4 de noviembre de 2022

EXPOSICIÓN-CONCURSO DE CABAZAS

 Do 24 de outubro ó 28 enchéronse os mesados do patio cuberto de cabazas talladas, pintadas e decoradas orixinalmente. A participación foi asombrosa e transmite o mantemento da tradición interxeracional ó tempo que se ve innovación e actualidade nas mostras presentadas. Parabéns a todos e todas participantes e noraboa ós gañadores!


Celebrouse o venres 28 o Samaín cunha grande festa: portas e corredores decorados, contacontos, túnel do medo e merendas de medo...
Podedes ver o chulísimo vídeo "Un Samaín arrepiante!" en O CEIP Coirón en imaxes. De seguro que vos gustará!

VISITA Á BASE CONTRAINCENDIOS DE O CAMPIÑO


 O xoves 13 de outubro o alumnado de 3º e 4º de Primaria visitaron a Base Aérea de defensa contra os incendios forestais ubicada no polígono industrial de "O Campiño" en Pontevedra.