sábado, 29 de mayo de 2021

A PLANTAR PEMENTILLAS!

Unha familia tivo a xenerosidade de darnos plantiñas de pementillas. Con ansia os rapaces e rapazas de 4 anos A inauguraron o 20 de maio un bancal de madeira no horto que ten o invernadeiro para plantar as pementillas.
E seguidamente regar e regar, que se quedan con sede seica pican!
Tamén plantaron pementillas no horto novo os rapaces e rapazas de 3º de Primaria.

A ACTIVIDADE TAMPOUCO CESA NO HORTO DO INVERNADEIRO

No invernadeiro hai unha boa sementeira de cenorias. O sembrado das ornamentais sempre vivas non xermolou pero das margaridas e plumeiros vermellos inda obtivemos algo. O que sí están marabillosas son as acelgas e coliflores.

OLLIÑOS QUE NUNCA SE CANSAN DE VER PARA SABER!

A natureza está chea de curiosidades e, sempre que temos oportunidade, posibilítase a observación. Velaquí un exemplo dalgúns obradoiros:
Pois observamos un panal.
Observamos un escallo de planta do algodón.
Observamos estas cápsulas que son ovos de quenlla.
Observamos un niño primario de velutina.

OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE CUNCHAS DO PEREGRINO

Os maiores de 6º A e os pequenos de 4 anos B realizaron un obradoiro do complemento máis recoñecible dos peregrinos: a cuncha de vieira. Unha vez feitos os buratiños nas orellas para pasar por eles un cordel, os rapaces e rapazas decoraron libre e persoalmente cadansúa cuncha. Os maiores realizaron o obradoiro o 12 de maio.
Os pequenos fixeron o obradoiro o 21 de maio.

PRIMEIRAS COLLEITAS NO HORTO NOVO

Non tardaron as primeiras colleitas. Fermosas leitugas levaron os rapaces e rapazas de 2º B, 3º de Primaria e os de 3 anos de Infantil.
Tamén emerxentes e vermellos rábanos levaron os rapaces e rapazas de 1ºA.

PEQUENAS BATALLAS CO PULGÓN E O MILDIU NO HORTO NOVO

Fixeron acto de presenza o pulgón e o mildiu nalgúns cultivos. Tamén algún verme nos visitou, e é que os cultivos apetecibles e bos parecen estar. Quizais fumos máis constantes en regar e arrincar herbas ca en aplicar as pócimas naturais de estruga, de fento, de cinza e de tona de pataca.
Non lles demos tregua e a loita está ó noso favor.

viernes, 28 de mayo de 2021

CONCURSO-EXPOSICIÓN VOZ NATURA: UN SELO/CUÑO PARA AS SAÍDAS Á NATUREZA

A proposta foi: Animamos a todo alumnado a que participe, de xeito voluntario, facendo un debuxo de cor negra nun papeliño circular branco do tamaño da boca dun vaso. Na parte de atrás terá o nome e curso do alumno/a. Entregarase ó mestre titor antes do martes 25 de maio. O equipo Voz Natura escollerá e premiará entre todos un para facer o selo/cuño.
Velaquí os debuxos presentados ó concurso-exposición:

martes, 25 de mayo de 2021

LIMPEZA E BALEIRADO DE CABAZAS PEREGRINAS

Dúas familias tiveron a bondade de aportar unhas cabazas peregrinas e o alumnado procedeu a preparalas.

OBRADOIRO DE INCUBACIÓN

Os nenos e nenas de 4 anos A participaron nun obradoiro de incubación conxunta de ovos de galiña, de quica e de oca.Eclosionaron a maior parte dos ovos de galiña e de quica iniciado o mes de maio.