sábado, 26 de marzo de 2022

CAIXÓNS CHEOS DE PLANTÓN

O mércores 23 o alumnado de 4º e 3º B tamén observaron a cantidade asombrosa de plantón en cada caixón e participaron activamente no seu transplante no horto novo.













 

DA SEMENTE Ó PLANTÓN

 As condicións témicas do invernadoiro e os coidados que deron os raparigos e raparigas ás sementes fixeron que en poucos días emerxeran  de cada unha delas a primeira folla (cotiledón). Uns días máis xurden da semente máis follas e xa  se pode ver a morfoloxía desa planta: o tipo de folla, tipo de talo...converténdose nun plantón que se pode transplantar.

O martes 22 as aulas de 1ºA e 2ºB puideron observar o asombroso desarrollo das sementes e participar activamente no seu transplante nos bancais do horto novo. Ademais tamén plantaron outros plantóns de mercado como rúcula, acelga...




E procurando que cada plantón que plantaban tivese o seu espazo necesario para medrar, medindo cun pauciño a distancia e iniciándo se no aproveitamento do terreo coa técnica tres-bolillo.

















sábado, 19 de marzo de 2022

SEMENTES A XERMOLAR E CAMAS A PREPARAR

 O 15 de marzo as aulas 3ºB, 4º e 1ºA puideron ver nos caixóns que das sementes emerxían plantiñas que precisaban unha boa rega e tamén aplicaron nutrientes á terra das camas para complementar as necesidades do solo. Nas análises efectuadas dos solos indican un ph normal e unha calidade de terra boa. Os nutrientes aplicados foron: xufre (aplicado por Guillermo), abono natural/composta e fariña de garbanzo (fonte de nitróxeno). O alumnado aplicou o abono e a fariña de garbanzo de xeito homoxéneo e de seguido co bieldo removeron a terra. As aulas de 3ºB e 4º incluso puideron plantar e regar unhas leitugas de variado tipo: verde rizada, de carballo rizada e verde lisa.











 




O mércores 16 de marzo as aulas de 5 anos A e 5 anos B realizaron a mesma actividade pero, no lugar de plantar leitugas, prestaron atención a como se plantou algunhas acelgas de variadas cores.

miércoles, 16 de marzo de 2022

PEIXIÑOS PARA O ESTANQUE GRANDE

 O martes día 15 de marzo soltáronse dez peixiños no estanque grande. Os nenos e nenas de 3 anos ollaron  a solta dos peixes de cor laranxa e seguían coa mirada atenta o nadar destas pequenas carpas. A auga estaba tan clariña que podían ver ós novos inquilinos nadar en grupo coma un cardume por todos lados do estanque.



Pola tarde en vez de dez había nove peixiños. Ó día seguinte, o mércores 16, pola mañán xa non había ningún peixiño no estanque grande. Descoñecemos  que pasou pero intuimos que algunha ave os puido merendar. Sen embargo as carpas que conviven coa tartaruga no estanque pequeno non desapareceron.

 Non se preocupen!  Haberá  máis peixiños pero dotaremos ó estanque grande de plantas acuíferas e habitáculos para que se agochen do apetito das aves.


lunes, 7 de marzo de 2022

SEMENTAR SEMENTAREI

 O alumnado inaugurou a tempada de sementar. Co asesoramento de Guillermo Rodríguez coñeceron variadas sementes e prepararon a camiña  de terra na que coidaremos delas coma se de recéns se tratara. Nuns caixóns  de madeira construídos no colexio  30x30x10 depositaron unha mistura composta por un 50% de terra resevada de cando se prepararon os hortos e outro 50% de raspadallo (abono vexetal natural). De xeito separado en ocos depositaron dunha en unha cada semente. Fíxose reconto e procedeuse ó etiquetado no que figura data, aula, cultivo e número de sementes en cada caixón. Por último regouse suavemente e deixáronse a durmir.

O xoves día 3 sementaron 3ºB e logo 4º de Primaria.

O venres día 4 sementaron 1ºA, 5 anos B  e 5 anos A.

O mércores día 9 sementaron 2º B.


Vede aquí algunhas imaxes da aula de 3ºB:










E tamén 4º de Primaria:










Ollade algunhas imaxes de 1ºA:




















Mirade unhas imaxes de 5 anos A:


























2º B sementou o mércores  día 9. Aquí tedes imaxes da actividade: