miércoles, 14 de julio de 2021

Recibimos un diploma de Voz Natura

O Comité Científico Voz Natura e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre outorgou ó noso colexio un diploma pola nosa participación no programa de Educación Medioambiental Voz Natura e os traballos realizados durante o curso escolar 2020-2021.
Para o noso colexio é unha ledicia recibir este diploma por facer algo que nos xera apendizaxes, satisfaccións e disfrute como é coidar da nosa contorna e o bo camiño. Moitas grazas!!!

UN VERXEL NO COLEXIO

A VIDA SEGUE NO HORTO

As primeiras augas de verán supliron as regas que os escolares cada día realizaban.

O HORTO Ó INICIO DO VERÁN

Empezou o verán, as flores dan os primeiros froitos e o horto recibe as visitas de nenos curiosos que gustan da natureza e, de paso arrincan algunha herba e regan.
Tamén os rapaciños e rapaciñas de 4 anos A ciscaron unhas pipas para ter xirasoles cando se inicie o vindeiro curso.