lunes, 22 de febrero de 2021

SEMENTAMOS CASTAÑAS

Os nenos e nenas de 4 anos A sementaron unhas castañas que estiveron previamente en auga durante dous meses. As castañas inmersas en auga tiñan agora en febreiro indicios de xermolar. Cada un dos nenos/as  escolleu unha castaña e nunha mitade de bric preparoulle unha camiña con terra. 






SEMENTAMOS LANDRAS

 Os nenos e nenas de 4 anos B sementaron unhas landras a mediados de decembro.






Cos  coidados que lles deron esas landras agora en febreiro xerminaron.








 

OBRADOIROS VARIADOS EN XANEIRO

 O xoves 21 de xaneiro catro aulas fixeron obradoiros con Luz de Horta Agrelo.

Os nenos e nenas de 5 anos A elaboraron desinfectante de mans. Lembremos que o uso de xel nesta situación de pandemia é un producto de uso frecuente e, no obradoiro ademais, coidouse de que ademais de efectivo sexa elaborado con ingredientes naturais.

Os rapaces e rapazas de 1º A elaboraron champú.








Os rapaces e rapazas de 1º B fixeron uns botiños de crema natural para hidratar e reparar a pel.







Os raparigos e raparigas de 3º participaron nun obradoiro no que elaboraron un barco decorativo con material de refugallo.

















domingo, 21 de febrero de 2021

DECORACIÓNS FEITAS CON ELEMENTOS NATURAIS E REUTILIZACIÓN DE ADORNOS PASADOS

 Os nenos e nenas de 5anos B fixeron unhas fermosas arboriñas de Nadal con piñas naturais.



As mesas da aula de 4 anos A decoráronse cuns centros feitos reutilizando boliñas de Nadal de anos atrás.