martes, 19 de noviembre de 2019

O HORTO NO VERÁN

Ó longo de xullo e agosto o horto estivo fermosísimo: margaridas, plumeiros vermellos, tomates, pementos, amorodos…










PLANTIÑAS ORNAMENTAIS COA SEÑORA MONCHA

O 28 de maio o alumnado de 4º A aprenderon a plantar no horto plantiñas ornamentais variadas coa señora Moncha que xenerosamente  ó colexio donou. Fermosas margaridas “REINA”, plumeiros vermellos e margaridas ventureiras encheron de cores o horto escolar. Finalizado o verán recolleuse a semente e  en febreiro-marzo farase unha sementeira  destas plantiñas ornamentais para o patio novo.Mil grazas señora Moncha!





PLANTACIÓN NOS PASALES

Os rapaces e rapazas de 2º de Primaria plantaron tamén no mes de maio carballos nos Pasales e tamén estas primeiras choivas virán ben para as árbores plantadas.



martes, 12 de noviembre de 2019

Plantación nos muíños de Lores


PLANTAMOS CARBALLOS NOS MUÍÑOS DE LORES

En maio, rapaces e rapazas de 6º de Primaria, plantaron carballos nos muíños de Lores. De seguro que esta choiva de outono  lles virá ben para que medren as árbores.





Limpeza de Praias


En maio, o alumnado de 1º e 2º de Primaria, participou na macrolimpeza dos areais do Carreirón.





O coidado da natureza e o medio ambiente é algo polo que temos que loitar e sensibilizar ao noso alumnado.