miércoles, 31 de enero de 2018

APRENDEMOS A FACER COMPOST

Un grupo de 16 alumnos/as de 3º a 6º de Primaria recibiron instrucións para facer compost da man dun mestre composteiro do Plan Revitaliza. Ditos alumnos/as informarán aos seus compañeiros/as de aula e logo aos demais . A finalidade é facer compost do lixo orgánico das merendas no composteiro ubicado detrás do cruceiro no Colexio.




CREAMOS UN VIVEIRO DE PRANTAS AROMÁTICAS

Os rapaces e rapazas trouxeron das súas casas cachos de prantas aromáticas para  que arrecendan e ambienten  cando estas medren o novo patio e tamén para facer obradoiros.











O ALUMNADO DE 3º E 6º DE PRIMARIA FIXO MARMELADA

Os rapaces e rapazas de 3º e 6º e Primaria participaron no obradoiro de facer marmelada e  elaboraron riquísima marmelada de mazá.