lunes, 13 de junio de 2022

COIDANDO DO HORTO E COLLEITANDO

Os hortos están atendidos e é moi frecuente ver nenos e nenas coidando e colleitando.



















OBRADOIRO DE VERMES DA SEDA


Os nenos e nenas da aula de 1ºB realizan un obradoiro no que  coidan de vermes da seda dándolles folliñas da árbore moreira que temos no patio. Resulta interesante ver a metamorfose dos vermiños ata convertérense en bolboretas que fan a posta de ovos.









ELABORACIÓN DE COMPOSTA E UBICACIÓN DE ESPANTALLOS

 Tardamos en facer a composta polas condicións adversas de choiva pero logramos entre todos grupos que cultivan facer dúas medas. As familias colaboraron aportando herba fresca ou seca e o alumnado afanouse en realizar a composta baixo as indicacións de Guillermo.

 Comprende a composta a construción dun metro cúbico dunha mistura ordenada e sucesiva de capas de diferente material natural: herba fresca, auga, herba seca, auga, terra, auga, herba fresca, auga, herba seca...

Esta composta acadará bastantes graos de calor e vai descompoñerse paulatinamente. Estimamos con estas compostas realizadas obter bastante material nutriente (comida para as plantiñas)  para iniciar o ciclo de cultivo no vindeiro curso escolar.






















Ademais de facer composta os rapaces e rapazs de 4ºaxudaron a Guillermo a ubicar nos hortos os espantallos.









ACTIVIDADE DE INCUBACIÓN E PRIMEIRO BAÑO DO PARRULIÑO

Os nenos e nenas de 1ºB realizaron un obradoiro de incubación. Foi unha incubación mixta de varios tipos de aves: galiña, quica, capuchina e de parrulo. A eclosión empezou o día 23 de maio e unha semana máis tarde naceu un parruliño.









O venres 10 de xuño o parruliño deu o seu primeiro baño no estanque grande.