domingo, 29 de noviembre de 2020

OBRADOIRO DE INCUBACIÓN

Neste mes de novembro o alumnado de 6ºA e 6º B participou nun obradoiro de incubación. Rapaces e rapazas tiñan moita ilusión, posto que no pasado curso o obradoiro de incubación que iniciaran non puido proseguir polo confinamento. Nesta ocasión todos e todas estaban entusiasmados por voltar a por en marcha a incubadora o 3 de novembro.
Logo de 21 días eclosionou o primeiro ovo e un par de días máis tarde naceron outros tres.
Mesmo crearon unha casiña de coidados con unha caixa de cartón.Non faltaba detalle!

CULTIVAMOS NO INVERNADEIRO

O mércores 25 de novembro os rapaces e rapazas de 6ºA e os pequenos e pequenas de 4 anos A cultivaron no invernadeiro. Luz trouxo verduras de cores (repolo, cale e leituga) que repartidas entre o alumnado axiña meteron a raiz na terra.

martes, 24 de noviembre de 2020

OBRADOIRO DE SAQUIÑOS AROMÁTICOS

O mércores 18 de novembro iniciamos os obradoiros con Luz (Horta Agrelo). Neste primeiro día alumnado de 4 anos A, 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro no que elaboraron saquiños aromáticos.Cada alumno tivo oportunidade de experimentar co olfato e tacto cadansúa mostra de plantas aromáticas que posteriormente se desmenuzaron para meter no seu saquiño. Lavanda, herba Luísa, Romeu...

martes, 17 de noviembre de 2020

ANDAINA

O venres 13 todo o alumnado participou nunha andaina alternativa ó tradicional Magosto. Cada grupo/aula saiu do colexio un tras doutro cunha diferencia de cinco minutos e desprazáronse ata distintos lugares nos que plantaron cadanseu castiñeiro.

Plantamos castiñeiros from Ceip Coiron on Vimeo.

sábado, 7 de noviembre de 2020

PLANTAMOS ÁRBORES NO PARQUE DOS PASALES

O mércores 4 de novembro os rapaces e rapazas de 6ºA e 6ºB plantaron unhas vinte árbores no parque dos Pasales. Estas árbores, que foron xerminadas en brics no 2017 e coidadas no noso viveiro, leváronnas para plantar nun lugar onde poderán medrar ben.
O concello participou activamente facendo os ocos e os rapaces e rapazas de 6º de Primaria plantaron os carballos e abeleiras.