domingo, 1 de abril de 2018

2º curso planta amorodos na horta

O alumnado de 2º curso foi o encargado de inaugurar a horta este curso. Plantaron ricos amorodos. Primeiro houbo que preparar as plantas que conservamos do ano pasado, logo preparar a terra sachándoa, colocando o plástico, facendo os buracos, abonándoa con abono de cabalo, e finalmente plantando cada nenos ou nena un par de plantiñas.

Agora toca vixialas, regalas, cando sexa preciso, sacar as malas herbas do arredor, e poñerlle a cada unha o nome do seu criador. De seguro que pronto veremos como medran uns fermosos amorodos.

Visita e limpeza da Praia de Gradín na Illa de Arousa

Coa chegada da primavera decidimos que sería bo para os nenos e nenasde 1º e 2º curso do Ceip Coirón coñecer todo o dano que fai a basura que tiramos indisciminadamente ao mar e ás praias.
Fomos a Gradín, unha das fermosas praias de Illa de Arousa e xunto co alumnado do IES da Illa e a Concelleira de Medioambiente aprendimos moito sobre as prantas e a vexetación desta contorna, explicáronnos que existen prantas invasoras que estragan a nosa biodiversidade. Logo fomos en parellas armados cun saco e luvas a recoller todo o que atopamos pola praia.
Para os nenos e nenas foi coma un xogo, cada cousa que atopaban era coma "un tesouro" un tesouro que escondía detrás unha historia, por exemplo a bota abandonada do xigante, a botella de champán de dous anamorados... Pero sobre todo o que lles quedou máis claro é que é resposabilidada de todos e todas coidar da nosa natureza e respectala para que ela nos recompense coa súa beleza
Agradecemos dende aquí todas as ensinanzas e esta gran oportunidade que nos brindaron Charo (mestra do IES A Illa e coordinadora alí de Voz Natura) e Gabi (Concelleira de Mediambiente de A Illa), así como os mozos e mozas de A Illa. De seguro que esta experiencia se repetirá máis dunha vez