sábado, 23 de mayo de 2020

DESCUBRINDO E EXPLORANDO COS SENTIDOS

Estamos no mes de das flores e moitos xardíns e hortas impresionan pola cor e o arrecendo.

Aquí podedes ver unha planta aromática coma moitas que hai ou tedes na vosa casa. Aproveitade para descubrir os seus nomes preguntando ós maiores, explorar as súas propiedades e, se queredes,  compartir as imaxes con nós.
Precaución coas alerxias!



Por se non o sabedes o sentido do olfato é moi importante que o traballemos. No cerebro retemos experiencias olfativas vividas moitos anos atrás.

Parabéns para os que teñan un florido espazo no seu fogar.

MANUEL DE 2º TANTEA O TERREO


Escóitanse moitas desbrozadoras que deixan os campos e xardíns coma unha alfombra verde. 

Precaución amigos e amigas que antes de poñer as mans ó choio hai que observar o terreo!

Aquí vemos a Manuel analizando a leira para asesorar ó seu pai de usar a desbrozadora co fío ou co disco de widia.


E cos cascos para escoitar música, que é máis agradable que o son da desbrozadora.



Parabéns para Manuel por asesorar ó seu pai. Tamén parabéns ó pai polo bo facer do seu fillo!

De seguro que moitos de vos tamén axudades. Contádenos.





O ALLO AMIGO


Ó igual que as relacións entre as persoas, no plantío tamén hai plantiñas que son amigas e outras que, como estean xuntas, lévanse mal. Son moitas as razóns de afinidade ou repulsa entre as plantas e para que se entenda, vou facer un símil coa xente:

-lévome ben coa  amiga máis alta que teño porque ó seu carón no verán estou á sombra e me colle as mazás saborosas do alto na maceira.

-nas comidas gústame estar ó lado de quen menos come para comer eu ata fartar.

-se me dan a escoller prefiro un amigo alegre que conte chistes bos porque me fai rir, a súa simpatía axiña atrae a máis amigos e armamos unha festa.

-estou a gusto coa xente limpa e pulcra que non se lle pousa unha mosca e así a min tampouco as moscas veñen.

-...(multitude de exemplos teríamos que daría para varias páxinas)

Imos a falar do allo amigo doutras plantas. Coñecemos de sobra o olor e sabor do allo e cada vez descubrimos moitas posibilidades (preguntade ós maiores). O allo é unha plantiña que algunhas plantas preto queren ter. Vexamos un par de exemplos:

Nesta tempada soemos ter algunha planta de amorodo e esperamos que dela saian os prezados e saborosos froitos vermellos. Dependendo  do lugar e coidados que lle deamos á planta teremos fermosos ou non agraciados froitos. Pero se plantamos un allo preto dunha planta de amorodos pronto veremos unha importante melloría na saúde, vitalidade e froitos.


                                                                                                  Probade e logo contádenos.


O allo tamén se leva ben coas roseiras e senón plantade algún allo preto delas e xa nos diredes.



Queremos saber de máis plantas que gusten ter preto ó allo amigo.

Mandade as vosas experiencias para aprender uns de outros.






viernes, 22 de mayo de 2020

A HORTA DE MARTÍN E BRUNO


Quen ten un anaco te terra ten un tesouro e no caso da terra destes irmáns reloce non só porque lle dea o sol, senón porque cultivan nela.

 Martín e Bruno amosan as tomateiras que plantaron na horta. Xa están estacadas para que ó medrar poidan atarse ás estacas e non colguen polos lados. Pronto terán que capar as tomateiras.

Sí, sí, capar as tomateiras. Senón preguntade ós avós e avoas  que saben o que é para que a planta destine toda vitalidade ás pólas superiores e fructíferas.



As cabaciñas.


Os alloporros.


As leitugas. e as cebolas.




O composteiro. Indispensable para manter a horta limpa e continuar o ciclo de  cultivos utilizando o compost que na própia  horta se fai.




E memtras coidan os cultivos da horta, Martín e Bruno tamén se coidan de merendar ben e collen amorodos.



Parabéns e saúdos para Martín e Bruno polo bo facer!

HUGO E A NATUREZA


Hugo ten a inmensa sorte de vivir experiencias que moitos quixéramos. Ollade, porque as imaxes son moi reveladoras:


O nacemento dos pitiños.

Mandámoslle un saúdo á familia de Hugo que, de sempre, colabora activamente co colexio nas actividades de incubación para que o alumnado do Coirón-Dena teña un coñecemento práctico da reproducción de aves.

 




O nacemento de Minnie.
Hugo coida moito dos animais e se ten que darlle un biberón á cabuxiña non o dubida.







Os gatiños novos.







Hugo coa coroa de pampullos vistosa, natural e sostible. Traballo manual fino realizado coa técnica de enfiado de flores que hai no campo.



Parabéns e saúdos para Hugo e a súa familia polo bo facer!



SHAILA E A SÚA FAMILIA


Somos a familia de Shaila de 3 anos B e queremos falarvos da sorte que estamos tendo neste confinamento polo feito de vivir nunha cada de aldea e ter animais e a natureza tan preto( ainda que botamos moito de menospoder ir ao cole e poder estrear a horta tan chula do cole...).

Neste tempo tivemos que adaptar as nosas rutinas a unha nova realidade, pero ben é certo que estamos aproveitando para adicarlle máis tempo a actividades nas que Shaila o pasa xenial e valoramos máis se cadra a importancia do noso entorno e do seu coidado.

 Entre as actividades que máis lle gustan a Shaila están:

         -sacar a pasear aos cans e dar paseos polo monte.
         -axudarlle á avoa a darlle de comer ás galiñas e coller os ovos.
         -plantar algún allo, pemento ou leituga na horta...

 Achegámosvos algunhas fotiños para que vexades:







Moito ánimo a tod@s e coidádevos moito!

Igualmente para Shaila e a súa familia!




jueves, 21 de mayo de 2020

MANUEL E AS FLORES COMO RECURSO DECORATIVO


Cheos están os campos e xardíns de flores. Excelente oportunidade para disfrutar cos sentidos e tamén desenvolver a faceta artística cos recursos que a natureza nos ofrece.

Aquí temos a Manuel que fixo os tradicionais enfíos de pampullos. Traballo fino e de destreza que resulta ser artístico, entretido e sostible coa natureza.



Como está con interese de aprender o seu nome, aquí o vemos decorando cada unha das súas letras.



Parabéns e saúdos para Manuel por compartir o seu bo facer!

ELOY FAI UNHA CASIÑA PARA OS PAXARIÑOS


Eloy quere que os paxariños teñan unha casiña fermosa no seu horto.


Mans ó choio, creatividade e ansia por facer pronto unha obra de altura.


Benvido  paxariño!!!


Parabéns e saúdos para Eloy pola súa obra artística e a súa contribución ó coidado da natureza.



RETIRADA DUNHA COLMEA DE BELUTINAS


Na casa de Iria e Ian retiraron unha colmea de belutinas.


Todos sabemos que se trata dunha abella invasora que elimina á abella autóctona. A retirada por parte dos operarios da Mancomunidade foi rápida e efectiva.


Impresionoulles a cantidade de belutinas sobrevoando tolas e tamén na colmea a cantidade delas en estado larvario.


Parabéns e saúdos para a  Mancomunidade por este servizo realizado!

Parabéns e saúdos para a familia de Iria e Ian por compartir esta experiencia!



ANDRÉS AXUDA A SEMENTAR E PLANTAR



O vindeiro ano 2021 é ano Xacobeo e Andrés axuda á súa nai a facer un semilleiro de cabazas do peregrino. 

Hoxe hai botes reutilizables pero antes os peregrinos utilizaban este tipo de cabazas para levar de auga.






Plantando prexel para adobar comidas ou mesmo decorar como fan os cociñeiros.



Ánimo e saúdos para Andrés e súa nai que de seguro arrecenderán as comidas e no outono terán cabazas peregrinas!


AINARA: XOANIÑA VOA VOA


Neste tempo de primavera ollamos xoaniñas no campo. Aquí temos a Ainara que observa e xoga cunha xoaniña.




Xoaniña
voa, voa,
que dareiche,
pan e cebola.



Parabéns e saúdos para Ainara!


DIEGO APRENDE DA SÚA NAI COMO FACER UN SEMILLEIRO


Diego pon moita atención á lección que a súa nai lle da para facer xerminar unhas semillas dun limón.




Non todo foi teoría nesta aprendizaxe. Diego tivo parte práctica e aplicouse  facendo ocos ben distribuidos no testo para meter as semillas. 




Como toque final cubriron o testo cun plástico con buratiños para manter unha calor que axude a xerminar e ó tempo transpire para evitar fungos.




Parabéns por esta transmisión de saber facer de nai a fillo!


Ánimo e saúdos para Diego e súa nai que de seguro verán os xermolos!


miércoles, 20 de mayo de 2020

ANDRÉS TEN BOA DISPOSICIÓN


Andrés quere axudar no horto ó seu pai e ó seu avó e amosa unha simpática e boa disposición.





Ánimo e parabéns para Andrés por ese interese!

IAN E IRIA FAN PAN E DOCES

 Ian e Iria disfrutan amasando porque é un goce de sensacións...


...pero máis cando comen o pan que eles fan!





Ian non descansa
 e bate que bate,
 para facer este doce
 con chocolate.



 Parabéns para Ian e Iria polo gusto de facer pan e repostería!

MARTÍN FAI DELICIOSAS MAGDALENAS






Repostería da casa feita con ingredientes de calidade. Case nada!

Saúdos e parabéns para Martín polo ben que lle saen as magdalenas!


NICOLÁS PLANTA E COIDA UNHA TOMATEIRA







Ánimo e saúdos para Nicolás que de seguro terá ricos tomates!


AINARA DE 6ºA COIDA DA SÚA MASCOTA



Hola soy Ainara de 6ºA, de todas las cosas que propusísteis, hago varias de ellas pero elegí la del cuidado de mi mascota Muki para hacerle un homenaje a mi perrito Pipo que murió el 26 de abril.
Aquí os mando una foto peinándolo, dándole de comer y como no dándole todo mi cariño.
                              
                                                            Un abrazo Ainara.









Saúdos e parabéns para Ainara polo seu bo facer!

domingo, 17 de mayo de 2020

DARÍO TORRES LORES FAI PAN E COIDA DA SÚA MASCOTA






                                         Facemos pan e coido do meu gato Anubi, un saúdo.






Saúdos e parabéns para Darío polo seu bo facer!