martes, 23 de abril de 2019

OBRADOIRO DE MARMELADA

O alumnado de 3ºB realizou o 13 de marzo un Obradoiro de marmelada de laranxa con Luz de Horta Agrelo.

OBRADOIRO DE XABÓN CON ACEITE RECICLADO

O 13 de marzo o alumnado de 6ºA e 6ºB fixo con Luz de Horta Agrelo un obradoiro de xabón con aceite reciclado.

OBRADOIRO DE SAQUIÑOS AROMÁTICOS

O 13 de marzo os pequerrechos e pequerrechas de 4º de Educación Infantil fixeron un obradoiro de saquiños aromáticos con Luz de Horta Agrelo. Experimentaron con olores de prantas e follas: pétalos de rosa, folla seca de uva tinta, flor de ciano, herba Luísa, Romeu e menta.

A ECOPATRULLA

Os rapaces e rapazas de 1º e 2º de Primaria, concienciados pola educación ambiental, conformaron unha Ecopatrulla na que en pequenos grupos velan polo mantemento dun patio sen lixo.