miércoles, 23 de enero de 2019

INAUGURAMOS O INVERNADOIRO

Os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria inauguraron coa súa plantación de coliflores o invernadoiro o 16 de xaneiro .






 As coliflores que non colleron dentro plantáronse fóra.


                                                






jueves, 17 de enero de 2019

OBRADOIRO DE CESTOS



Os días 10 e 11 de decembro fixemos un obradoiro de cestos.





O alumnado de 1º,3º,4º e 5º de Primaria tivo a oportunidade de aprender os pasos para elaborar cestos con vimbios. 
O mestre foi un bisavó que ten o saber tradicional da cestería que se facía antes. Daquela capachos non había e o que sobraba eran vimbios para facer cestos e cestas. 
 Paradóxicamente ata fai pouco tempo non había vimbieiros dabondo para parrear os viñedos e mesmo unha mollada de vimbios era ben pagada, pero na actualidade outras alternativas substituen ó vimbio nas viñas e os vimbieiros corren risco de eliminarse. 
Se engadimos ó exceso actual de vimbios a contaminación xerada polos plásticos, a volta á arte tradicional da cestería é una boa aprendizaxe para o alumnado.

Aí van unhas imaxes dos pasos para facer un cesto:





Agradecemos a xenerosa colaboración do señor Albino, bisavó de dous alumnos do colexio e á familia Serén Muñiz neste obradoiro.















miércoles, 16 de enero de 2019

OBRADOIRO DE INCUBACIÓN E ECLOSIÓN DE OVOS

O alumnado de 6º de Primaria participou activamente nun obradoiro no que incubaron ovos de quica e galiña.
Inicialmente recibiron o 9 de novembro unha charla dun pai experto neste proceso, que ademais facilitou a incubadora e a vitrina para o coidado dos pitos.
A incubadora non era mercada, senón que ese pai tivo o inxenio e sabiduría para aproveitar pequenos electrodomésticos e algún material para crear una incubadora sofisticada e con autonomía.

 Parabéns para este pai por esa labor de reutilización e reciclaxe na construcción da incubadora! 

O alumnado trouxo da casa os ovos. Avisouse de que os do supermercado non valen, posto que tiñan que ser fecundados. A capacidade era grande polo que os alumnos/as de 5º de Primaria trouxeron ovos e participaron tamén.


Agradecemos a xenerosa colaboración da familia Paz Cousido na realización deste Obradoiro.

CHARLA SOGAMA

O alumnado de 3º de Primaria asistiu o mércores 12 á charla que SOGAMA impartiu sobre o lixo, a contaminación e os recipientes para cada tipo de lixo.

OBRADOIRO DE CANDEAS DE CERA

O 28 de novembro o alumnado de 4º e 5º de Primaria elaborou candeas de cera ás que engadiron brillantina, labras de cera e cor.