Os xirasoles recollidos no horto deixáronse secar e logo debullamos todas e cada unha das pipas. Nun cazo cun chisco de auga e sal, tostámolas e logo degustámolas.
lunes, 6 de diciembre de 2021
COCIÑAMOS E DEGUSTAMOS AS NOSAS PIPAS DE XIRASOL
A PODAR LAVANDA!
Os raparigos e ragarigas de 1ºA podaron a lavanda. Actividade manual con tesoiras escolares na que ademais activaron o sentido do olfacto co recendo da lavanda.
EXPOSICIÓN DE OUTONO
CELEBRAMOS O MAGOSTO
O 12 de novembro celebramos nos Pasales o Magosto. Todas aulas realizazon unha andaina ata o parque e no traxecto mesmo puidemos observar como medrou algún dos castiñeiros plantados no Magosto 2020.
EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN
Retomamos a tradicional exposición de cabazas. O nivel de participación do alumnado e colaboración das familias foi enorme. Cabazas talladas, pintadas e orixinais foron chegando e tantas eran que tivemos que colocar máis mesados.
Aquí as cabazas premiadas.
viernes, 3 de diciembre de 2021
INSTALAMOS A ESTACIÓN METEOROLÓXICA
Que chova, que vente e se fai sol, que quente!
Instalada a estación meteorolóxica no patio con conexión dixital nun rexistro no interior do colexio, xa dispoñemos de información precisa e en todo momento do tempo no Coirón-Dena.
XIRA, XIRA XIRASOL
Iniciado o outono observamos os fermosos xirasoles nos que torna a flor ó froito mesto e xeometricamente concéntrico. Recollemos mostras e mesmo medimos a lonxitude dalgúns talos.