jueves, 13 de enero de 2022

OBRADOIRO DE SAQUIÑOS AROMÁTICOS NO NADAL

As aulas de 6º de Educación Infantil fixeron saquiños aromáticos con variadas plantas aromáticas que hai no colexio e tamén con tonas secas de laranxa.

A VISITA ESPECIAL DOS CANS DO REFUXIO DE CAMBADOS

As aulas de Infantil recibiron a visita dos cans do refuxio. Moi atentos os nenos e nenas aplaudiron as destrezas que estes cans realizan e mesmo practicaron comportamentos axeitados de aproximación a estes animais. Lembramos que os cans non son xoguetes que se poidan agasallar e deixar de lado, son seres vivos intelixentes e con sentimentos que ademais de darnos moitas satifaccións precisan coidados. Sexamos responsables coas mascotas que teñamos!

MANUALIDADES NO OUTONO

Foron moitas as manualidades partindo de materiais naturais que o outono ofrece. Velaquí unha mostra realizada en Infantil.

OBRADOIRO DE INCUBACIÓN E ECLOSIÓN NAS AULAS DE 3ºB E 4º DE PRIMARIA

As aulas de 3ºB e 4º de Primaria participaron nun obradoiro de incubación no que eclosionaron 17 poliños.
Iniciaron a incubación o 22 de novembro e empezaron as eclosións o 14 de decembro.