miércoles, 14 de diciembre de 2022

UN MEAÑO MÁIS LIMPO É COUSA DE TODOS

O venres 9 de decembro o técnico de medioambiente do Concello de Meaño acercouse ó colexio para dar unha charla sobre a separación de lixo nos distintos contedores e tamén do servizo do punto limpo.

Participaron as aulas do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. O mércores 14 de decembro levaron cadanseu tríptico que resume e aclara con exemplos onde botar cada tipo de lixo. É responsabilidade de todos separar os residuos en orixe para a correcta reciclaxe e para vivir nun mundo limpo de contaminación. Podedes ver un vídeo sobre esta charla en O CEIP Coiron en imaxes.

sábado, 10 de diciembre de 2022

O NOSO ACIVRO

 


Esta pequena árbore do xardín do colexio, chamada acivro ou acevro, ponse moi fermosa cando se aproxima o Nadal.



OLLAMOS OS XERMOLOS DOS BANCAIS E DOS CAIXÓNS

Dentro do invernadeiro gardamos as plantiñas de amorodo e tamén gardamos do frío a alfábega que estaba no bancal das aromáticas.

jueves, 8 de diciembre de 2022

OBRADOIRO DE RECICLAXE DE PAPEL

O 5 de decembro o alumnado de 5º, 1ºB e 6º participaron nun obradoiro de reciclaxe de papel impartido polos artesáns "Peixesapop".
O papel pode ter máis dunha vida. Podedes ver uns vídeos moi chulos sobre este obradoiro en O CEIP Coirón en imaxes.

DESFACERNOS DO GRAMÓN XA TEN SOLUCIÓN!

O gramón que invade o horto do invernadeiro resulta inservible para facer o compost do método biointensivo. O técnico que se ocupa da compostaxe no concello visitounos o 25 de novembro e asesorounos para facer compost do gramón no composteiro que está no viveiro das árbores. Ese composteiro data do 30 de xaneiro do 2018, pero anteriormente xa había un no colexio. No proceso de transformación son importantes: aire, auga e alimento. O composteiro ten ventilación polos ocos laterais e tamén por abaixo. Debaixo ten unha malla plástica pero recomenda que sexa metálica para evitar a entrada de roedores. Non despide mal cheiro se seguimos as indicacións do técnico que son: unha porción de alimento a descompoñer por unha mitade de gramón ou estruturante. Debemos remover ocasionalmente e manter a humidade de xeito que non estea empapada a mestura. Con facilidade acadará interiormente os 50 graos e obteremos un abono natural que poderemos utilizar no viveiro das árbores.

SEMENTEIRA DE LANDRAS

Alumnado de 1º e Infantil sementaron algunhas landras en bricks para que xermolen no viveiro de árbores.







PRIMEIRAS TAREFAS DE HORTO DO ALUMNADO DE 3 ANOS E 1º DE PRIMARIA

O 29 de novembro as aulas de 3 anos e 1º realizaron as tarefas de abonado e sementeira de abono verde para nutrir a terra e, ó mesmo tempo, para que se manteña cultivada. Os pequenos e pequenas de 3 anos colleron compost e logo en caldeiriños o transportaron ós bancais do horto novo.
A terra precisa alimentarse e déronlle de comer o seguinte menú:"sopa"(compost), lentellas e "pan"(centeo).
Logo cun "garfo xigante"(bieldo) fixeron as enviadas removendo a terra: Esta por papá! Estoutra por mamá! Esta por .... e así ata que papou todo.
O alumnado de 1ºA e 1ºB son xa maiores e fixeron o cribado do compost.
Tranportaron o compost para o horto novo e realizaron a mesma tarefa que fixeron os pequenos de 3 anos: abonado de compost e sementeira de abono verde con lentellas e centeo.
E traballaron co bieldo con moito xeito.