domingo, 27 de junio de 2021

SAÍDAS Á NATUREZA.

Había moitas opcións e incluso se barallou a posibilidade de realizar unha saída coma a de inicio de curso para ver os castiñeiros pero non chegou a concretarse. Cada curso organizou a súa saída á natureza. O día 15 2º de Primaria foi ó acuario e ó museo de salazón do Grove. O día 16 3º de primaria foi ó ecoparque de Marín e ó lago de Castiñeiras. Ese día 16 1º de Primaria foi ó acuario e ó museo de salazón do Grove. O día 18 5º de Primaria por mor da chuvia non puido facera ruta Sarmiento dos Pasales-Telleira. Ese mesmo día 18 as aulas de 5 anos foron ó ecoparque de Cotobade. O día 21 as aulas de 3 e 4 anos non puideron ir ós muíños de Lores pola chuvia. O día 24 6º de Primaria foi á Illa de Ons e ese mesmo día 4º de Primaria foi á Illa de Arousa facer a ruta Sarmiento. Ollade aquí unhas fermosas imaxes da saída do alumnado que gozou da ruta Sarmiento na Arousa.
E déronlle utilidade ó complemento máis característico dos peregrinos e camiñantes.

REPLANTADO DE CENORIAS

Procedemos ó replantado das plantiñas de cenoria xerminadas no invernadeiro.Os raparigos e raparigas de 5 anos A e 4 anos A e B levaron as plantiñas para plantar na casa.

martes, 15 de junio de 2021

PREPARÁMONOS PARA AS SAÍDAS

O equipo Voz Natura precisaba dun preparador físico, un coaching ou mesmo un experto camiñante que dese unha charla ó alumnado sobre a mellor forma de preparar unha camiñata ou ruta. Non atopamos e pedimos ó mestre especialista en Educación Física que orientase ó alumnado en canto ó exercicio físico previo a calquera camiñata, e tamén sobre material e equipamento que dependendo da ruta podemos levar. Dito e feito. O profe Beni procurou nas súas sesións tratar este tema co alumnado. Ollade algunhas recomendacións:
Grazas profe Beni!

domingo, 13 de junio de 2021

SELO GAÑADOR NO CONCURSO-EXPOSICIÓN VOZ NATURA

O Equipo Voz Natura agradece a todo alumnado que participou no concurso exposición co seu boceto de selo/cuño para as saídas á natureza. Non foi doado decidir porque eran moitos e había debuxos moi bos e representativos. O Equipo non obtivo unanimidade, pedimos o parecer de todo o profesorado e resultou gañador o seguinte:
Parabéns para David de 6º B, que ademais de ser o gañador, recibirá un agasallo. O selo está elaborándose e agardamos estea pronto listo para utilizar nas vindeiras saídas á natureza.

miércoles, 9 de junio de 2021

COLORINCHOS SOBRE PIÑAS DE PIÑEIROS MANSOS

Os rapaces e rapazas de 2ºB realizaron un obradoiro no que decoraron piñas de piñeiros mansos. Desenvolveron a súa faceta artística e decorativa dándolle cores a este elemento natural ó gusto de cada un.

jueves, 3 de junio de 2021

EXPERIMENTAMOS CON FLORES E AUGAS DE CORES

Os nenos e nenas de 4 anos A participaron nun obradoiro no que discriminaron o arrecendo de variadas flores e herbas aromáticas. Tamén fixeron un experimento case máxico no que flores brancas tornaron de cor con colorante alimentario.

O VERXEL DO HORTO NOVO

Eliminados os problemas de pulgón e mildiu o horto é un verxel.
O 3 de xuño os pequenos e pequenas de 3 anos levaron unha boa colleita de brécol, repolo e leituga.