jueves, 21 de marzo de 2019

miércoles, 20 de marzo de 2019

PREMIOS DE CESTERÍA

O  día 1 de marzo entregáronse os premios do concurso-exposición de cestería.
A participación non foi moita pero a variedade dos cestos e recipientes participantes foi ben diversa, dende o tradicional vimbio ata o trenzado con papel.





 Noraboa a todas as familias do alumnado participante! 
Os gañadores/as resultaron ser:

INFANTIL
1º Premio: Hugo da aula de 5 anos
2º Premio: Mateo García da aula de 4 anos
3º Premio: Uxía Caneda da aula de 3 anos

1º E 2º DE PRIMARIA
1º Premio: Luís Manuel de 2º curso
2º Premio: Juán Diego de 1º curso
3º Premio: Manuel de 1º curso

3º E 4º DE PRIMARIA
1º Premio: Carlos de 3ºB
2º Premio: Adriana de 3ºA 
3º Premio: Yaiza de 4ºA

5º E 6º DE PRIMARIA
1º Premio: Álex de 5ºA
2º Premio: Candela de 5ºB
3º Premio: Alba Dozo de 6ºB

1º E 2º DE PRIMARIA FIXERON UN OBRADOIRO DE INCUBACIÓN DE PARRULOS

A xenerosa  colaboración da familia Silva Soutullo fixo posible que o alumnado de 1º e 2º de Primaria participase activamente nun obradoiro no que incubaron ovos de parrulo. Os rapaces e rapazas recibiron o 25 de xaneiro a incubadora cos ovos e tamén unhas indicacións básicas do que tiñan  que facer como responsables do obradoiro. A incubadora era básica polo que o alumnado ocupouse de manter a humidade, calor e do volteo dos ovos. Aos dez días puideron ver a través dun ovoscopio a formación das aves dentro dos ovos.




 A eclosión do primeiro ovo foi o 21 de febreiro e outro ovo o luns 25. Os demais ovos non eclosionaron e por influenza da lúa chea perdéronse. Por sorte, deses dous ovos, naceron dous parrulos que encheron de ledicia e ambiente avícola a aula de 2º de Primaria.



 Despois duns días de coidados nunha vitrina e mesmo de porlles nome ós parrulos todos tiveron oportunidade de ver o primeiro baño das aves no estanque do colexio. Todo un espectáculo!


Grazas unha vez máis á familia Silva Soutullo e tamén á familia Cousido Padín por colaborar neste obradoiro e facer posible que aprendizaxes teóricas sobre reproducción de aves sexan prácticas e vivenciadas para o alumnado.

CHARLA REVITALIZA

A mediados de xaneiro dous grupos formados por alumnado de distinta idade recibiron una charla moi práctica e divertida sobre recollida selectiva e compostaxe por parte de Manuel Domínguez de Revitaliza. Tivemos a sorte de ver a montaxe dun composteiro novo na zona do viveiro de árbores. Manuel deixounos información a ter en conta para depositar axeitadamente o lixo nos distintos contenedores, pero tamén para facer ben o compost.