jueves, 23 de noviembre de 2017

OBRADOIRO DE CREMAS E COLONIAS



O alumnado de 2º  B de  Primaria e de 6º de Educación Infantil elaboraron cremas.  No obradoiro de colonias participaron rapaces e rapazas de 1º  e de 2º A de Primaria.





martes, 14 de noviembre de 2017

Saída Areeiro e Lourizán


O alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil foron de excursión á Estación Fitopatolóxica do Areeiro e ao Pazo de Lourizán.


No Areeiro as expertas amosaron unha ampla variedade de froitos, flores e incluso insectos.


No Pazo de Lourizán paseamos polos arredores do Pazo e desfrutamos dos fermosos xardíns .



Obradoiro de xabón ecolóxico


4º E 5º DE PRIMARIA PARTICIPARON NUN OBRADOIRO DE XABÓN ECOLÓXICO E ELABORARON UNS XABÓNS EXPECTACULARES








Prantas Aromáticas



Nos maceteiros da entrada do colexio plantamos aromáticas e botámoslle tona de Piñeiro.






lunes, 13 de noviembre de 2017

Creamos un viveiro de árbores autóctonas

Coa idea de dotar dalgunhas árbores o novo patio que queremos, no Colexio imos a crear un viveiro de árbores autóctonas, polo que precisamos a colaboración de todo alumnado. O obxectivo é que cada alumno/a prante unha landra dun carballo ou dunha sobreira que ó medrar transplantemos no patio novo nun lugar axeitado. Cada árbore levará unha tarxetiña que identifica quen prantou a semente desa árbore polo que co paso do tempo saberase sempre de quen é esa árbore.

Non imos converter o patio novo nunha carballeira, senón que se seleccionarán as árbores máis destacadas, polo que as que non se pranten no patio terán outras fins importantes: trocar árbores con outros Centros, facer repoboacións de árbores en lugares de interese no Concello e Concellos próximos, venda de árbores autóctonas para obter cartos para mercar xogos para o patio novo,etc. Se prantamos as sementes agora en outubro é probable que en febreiro xa vexamos os primeiros xermolos de árbores autóctonas. 

Os bricks sementados ubicaranse detrás do cruceiro a carón das vivendas de mestres para que todos/as poidan ver como medran. Precisan pouco coidado pero todos/as debemos ser responsables cando vaiamos a curiosear alí as nosas árbores ou cando os mestres/as recomenden ir botarlles un pouco de auga