sábado, 5 de diciembre de 2020

MÁIS OBRADOIROS DE CANDEAS ARTESANAIS E XABÓNS

O 2 de decembro os raparigos e raparigas de 5 anos B de Infantil, 2º B e 4º de Primaria participaron nun obradoiro no que fixeron con Luz (Horta Agrelo) candeas artesanais.
Os raparigos e raparigas de 2ºA de Primaria tamén participaron ese día nun obradoiro no que fixeron xabóns cosméticos con plantas aromáticas e aceites ecolóxicos.

domingo, 29 de noviembre de 2020

OBRADOIRO DE INCUBACIÓN

Neste mes de novembro o alumnado de 6ºA e 6º B participou nun obradoiro de incubación. Rapaces e rapazas tiñan moita ilusión, posto que no pasado curso o obradoiro de incubación que iniciaran non puido proseguir polo confinamento. Nesta ocasión todos e todas estaban entusiasmados por voltar a por en marcha a incubadora o 3 de novembro.
Logo de 21 días eclosionou o primeiro ovo e un par de días máis tarde naceron outros tres.
Mesmo crearon unha casiña de coidados con unha caixa de cartón.Non faltaba detalle!

CULTIVAMOS NO INVERNADEIRO

O mércores 25 de novembro os rapaces e rapazas de 6ºA e os pequenos e pequenas de 4 anos A cultivaron no invernadeiro. Luz trouxo verduras de cores (repolo, cale e leituga) que repartidas entre o alumnado axiña meteron a raiz na terra.

martes, 24 de noviembre de 2020

OBRADOIRO DE SAQUIÑOS AROMÁTICOS

O mércores 18 de novembro iniciamos os obradoiros con Luz (Horta Agrelo). Neste primeiro día alumnado de 4 anos A, 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro no que elaboraron saquiños aromáticos.Cada alumno tivo oportunidade de experimentar co olfato e tacto cadansúa mostra de plantas aromáticas que posteriormente se desmenuzaron para meter no seu saquiño. Lavanda, herba Luísa, Romeu...

martes, 17 de noviembre de 2020

ANDAINA

O venres 13 todo o alumnado participou nunha andaina alternativa ó tradicional Magosto. Cada grupo/aula saiu do colexio un tras doutro cunha diferencia de cinco minutos e desprazáronse ata distintos lugares nos que plantaron cadanseu castiñeiro.

Plantamos castiñeiros from Ceip Coiron on Vimeo.

sábado, 7 de noviembre de 2020

PLANTAMOS ÁRBORES NO PARQUE DOS PASALES

O mércores 4 de novembro os rapaces e rapazas de 6ºA e 6ºB plantaron unhas vinte árbores no parque dos Pasales. Estas árbores, que foron xerminadas en brics no 2017 e coidadas no noso viveiro, leváronnas para plantar nun lugar onde poderán medrar ben.
O concello participou activamente facendo os ocos e os rapaces e rapazas de 6º de Primaria plantaron os carballos e abeleiras.

miércoles, 28 de octubre de 2020

PREMIADOS E PREMIADAS NO CONCURSO-EXPOSICIÓN

Dando un 1º, un 2º e un 3º premio en cada expositor atopámonos con que algunha categoría de premios quedaba deserta e eran poucos traballiños máis sen premiar. O equipo de mestres que integran Voz Natura no colexio determinaron dar premio a todo alumnado que participou.Todos traballos son considerados gañadores. PARABÉNS! Queremos agradecer a todas as familias e ó alumnado as accións que levan a cabo nos fogares para eliminar ou reducir os plásticos e, por suposto, a participación neste concurso. MOITAS GRAZAS!

domingo, 11 de octubre de 2020

CONCURSO-EXPOSICIÓN VOZ NATURA: CÓMO ELIMINAR OU REDUCIR OS PLÁSTICOS NAS NOSAS VIDAS

Lembramos que no pasado curso escolar 2019-20 por motivo do confinamento non se puideron rematar de expoñer os traballiños nin determinar os traballiños premiados. Aquí, no blog, intentaremos facer posible o concurso-exposición. Lembremos a proposta que se fixo daquela:
TRABALLIÑOS DE 5º- 6º DE PRIMARIA
TRABALLIÑOS DE 3º- 4º DE PRIMARIA
TRABALLIÑOS DE 1º- 2º DE PRIMARIA
TRABALLIÑOS DE INFANTIL