jueves, 29 de abril de 2021

TEMPO DE AMORODOS

No horto que ten o invernadeiro conserváronse as plantiñas de amorodos e mesmo lle metemos preto de cada pé un dente de allo para favorecer o crecemento e produción.

COIDANDO OS BANCAIS DO HORTO NOVO

As aulas que cultivaron coidan das plantiñas, arrincan herbiñas e mesmo observan bichiños que tamén se fan ver ós que con pócimas naturais (de estruga, de fento, de pataca... )escorrentar.
Os bancais están preciosos.

miércoles, 21 de abril de 2021

MÁIS CULTIVOS NO HORTO NOVO!

O 23 de marzo os rapaces e rapazas de 1ºB ,3º de Primaria e 5 anos B plantaron no horto novo. Concretamente os nenos e nenas de 1ºB plantaron coliflores e leitugas de carballo.
Os rapaces e rapazas de 3º plantaron unha mitade do bancal leitugas e noutra mitade leitugas de carballo. No medio plantaron unha plantiña de alcachofa.
Os nenos e nenas de 5 anos B plantaron berenxenas, xudias e nun extremo do bancal sementaron plantiñas ornamentais variadas.

viernes, 9 de abril de 2021

QUEDA INAUGURADO O HORTO NOVO DO PATIO!


.O 18 de marzo inaugurouse o patio novo coas plantacións do alumnado de 2º B, 3 anos e 4 anos B.

Os rapaces e rapazas de 2ºB  plantaron leitugas de carballo, tomateiras de variados tipos e ceboliño.









Os pequechos e pequechas de 3 anos plantaron leitugas e repolos.
Tamén se adicou un bamcal para plantar aromáticas: ruda, prexel liso, prexel rizado, romeu, tomillo, menta...e algunhas leituguiñas no medio.
Os nenos e nenas de 4 anos B plantaron pementillas, acelgas e cabaciños.

SEMENTANDO NO INVERNADEIRO

 O 18 de marzo os raparigos e raparigas de 4 anos A preparáronse para sementar no invernadeiro. 

Hai nenos/as que ocasionalmente piden axuda para poñer ben o calzado pero, nesta ocasión, tiñan tantas gañas de ir ó invernadeiro que ningún pideu axuda para por as botas, mesmo algúns ansiosos viñeron calzados xa da casa cun calzado que non importaba manchar.😂

Brandiña e algo húmida a terra  fixemos que as sementes se extenderan nela.

Sementamos uns minúsculos grans de cenorias.


Sementamos margaridas Reina que tivemos que desfacer previamente coas mans.



Desfixemos margaridas ventureiras e ciscámolas ben.




E tamén sementamos Sempre Vivas.




E agora regar un pouco e esperar que xermolen!




jueves, 8 de abril de 2021

CHARLA SOBRE O ALBERGUE DE ARMENTEIRA

 O 16 de marzo alumnado de 6º B e logo 6º A de Primaria participaron nunha interesante charla na que técnicas do Concello de Meis informaron do servizo que ofrece o albergue ós camiñantes da variante espiritual do Camiño Portugués. Trátase dun albergue próximo ó Concello de Meaño ubicado aos pés do mosteiro de Armenteira, que ofrece descanso aos peregrinos que realizan a etapa do camiño Pontevedra-Armenteira e inserto na ruta da Pedra e da Auga que comprende o inicio da etapa Armenteira- Vilanova.














As técnicas do Concello de Meis que viñeron dar a charla,  ademais de expoñer correctamente a información, resolveron as cuestións que plantexou o alumnado e amosaron disposición para cando queiramos informarnos e guiarnos na paraxe na que se ubica o albergue,  e mesmo facer un tramo de camiño. 

Agradecemos ó Concello de Meis por atender a nosa inquedanza de saber para coñecer os recursos como é neste caso o albergue de Armenteira.

O Salnés comprende un enclave  de importancia monumental e medioambiental  pola que transcorren  camiños de peregrinaxe e rutas. Animamos ás familias do alumnado a que visiten e camiñen na contorna do Salnés para coñecer, descubrir que non é necesario ir lonxe para atopar  fermosas paisaxes ás que poñer en valor e preservar.








CHARLA SOBRE A RUTA SARMIENTO VINCULADA Á TEMÁTICA VOZ NATURA DOS CAMIÑOS A SANTIAGO

 O martes 9 e o mércores 10 de marzo viñeron do Concello de Meaño dar charlas a todas aulas que quixeron acerca da ruta Sarmiento que transcorre por Dena e tamén informar doutras rutas de interese.

Participaron o martes 3º de Primaria e logo 6ºB. O mércores tiveron a charla 6ºA, 4º e 2ºA de Primaria.




As técnicas do Concello que deron a charla ofreceron información moi interesante do traxecto da ruta polos Pasales a nivel etnográfico (as telleiras), paisaxístico e biolóxico (flora e fauna observables) e tamén referente a todas cuestións plantexadas polo alumnado. O alumnado quedou asombrado da importancia que ten dito traxecto. No pasado esa zona tiña telleiras nas que familiares e antepasados do alumnado traballaron. Medioambientalmente é unha zona moi  rica na que habitan animais curiosos e na que plantas e árbores reciben a frescura das augas do Complexo Intermareal.








Nas charlas tamén se deu información doutras rutas de interese no Concello e na contorna próxima. Meaño ten interesantes rutas: ruta monumental das capelas, ruta dos muiños, ruta do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas e ruta do río Chanca. Informaron  un chisco doutras rutas da contorna: da Pedra e da Auga, do río San Martiño e da ruta do río Umia. 
As técnicas que deron as charlas amosaron disposición para informar e guiar ó alumnado na realización das rutas  no Concello e na observación guiada medioambiental.

 Paradóxicamente pensamos que o que hai noutros lugares é impresionante e fermoso, cando en realidade é que descoñecemos a riqueza das terras que pisamos.
Ánimamos a todas familias do alumnado  a realizar estas rutas posto que hai que coñecer para poñer en valor o que é patrimonio de todos meañeses.



COLLEITA NO INVERNADEIRO

 Os nenos e nenas de 4 anos A colleitaron do invernadeiro o 5 de marzo leitugas e acelgas para levar para casa.