jueves, 26 de mayo de 2022

CONCURSO-EXPOSICIÓN VOZ NATURA DE ESPANTALLOS

 Temos o horto moi apetecible para que veñan  paxaros. Por este motivo organizamos un concurso-exposición de espantallos.

 O 12 de maio informamos ás familias sobre este concurso-exposición e ata o 23 de maio achegaron as súas creacións ó colexio. Tradición, creatividade, inxenio e uso de material de refugallo...todos espantallos expostos teñen moito mérito e tempo de traballo. Foi complicado determinar os espantallos premiados pero converxemos (Guillermo e membros do equipo Voz Natura)  en dar un primeiro premio ó ciclista, un segundo premio ó guitarrista e un terceiro premio ó robot.






Parabéns para os creadores e creadoras destes espantallos que recibirán o seu premio o luns 30.

Agradecemos a todos alumnos e alumnas que participaron no concurso-exposición, parabéns tamén a todos eles e elas porque o luns 30 tamén recibirán unha gratificación por participar.

O martes 31 e o mércores 1 con axuda de Guillermo instalaremos todos os espantallos nos hortos do colexio.

                              

O alumnado que queira levar o seu espantallo para casa  que avise ó equipo Voz Natura e pode levalo cando queira. 

                                                             Moitas grazas por participar!








miércoles, 25 de mayo de 2022

COIDADO DOS CULTIVOS E PRIMEIRAS COLLEITAS

 Temos o horto fermosísimo  e non é de estrañar porque nos recreos sempre hai rapaces e rapazas que lles gusta coidar das plantiñas.

 Máis medran as plantas e máis nos gustan!










E  as primeiras colleitas non se fixeron agardar: rúcula, leituga, acelga...pero non de calquera xeito: Guillermo amosounos modos de colleitar sen danar as plantas para que continúen dándonos que comer.















martes, 24 de mayo de 2022

OS BANCAIS ESTÁN CHEOS DE CULTIVOS

O alumnado plantou os variados plantóns nos bancais:





4º de Primaria plantou:  xirasois, tirabeques, leitugas e chícharos.
 


3ºB plantou: fabas, garavanzos, tirabeques, chícharos, xirasois e leitugas.


2ºB plantou: cebolas, garavanzos, boniato, xirasois e rúcula.


1ºA plantou: acelga, col, kale e rúcula.


5 anos B plantou leituga, amorodos, col, garavanzos


5anos A plantou acelga rúcula, amorodos, garavanzos, chícharos e tirabeques.




No horto do invernadeiro 1ºA cultiva: garavanzos, chícharos, tirabeques e xudías.



2º B preparou un lateral do invernadeiro  e un anaco preto do murete do estanque con plantas ornamentais e aromáticas.



3ºB e 4º de Primaria plantaron aromáticas e ornamentais.