jueves, 23 de abril de 2020

LEMBRAMOS CONSELLOS PARA FACER UN BO COMPOST

Quen ten horta  ten un tesouro!. Nestes días as hortiñas relocen, non hai herba que indique descoido. Podemos aproveitar as herbas que arrincamos e outros restos para facer compost. Non é nada novidoso: xa os maiores xuntaban restos nunha meda que logo de descompoñerse co paso do tempo reutilizaban como abono. Moitas familias teñen composterio e quen non teña pode facilmente facer un con táboas.

Lembramos os consellos do mestre composteiro Manuel que en varias ocasións visitou o noso cole para ensinar a importancia dos tres "R", dos microorganismos (bichiños) na terra e tamén de facer compostaxe.

 Ahí van uns consellos que daquela sobre compostaxe nos dera:






Mandámoslle un saúdo a Manuel.







PÓCIMA REPELENTE PARA O CARACOL, CARACOLEIRO...

Moitas familias queixanse de que plantan leitugas e ó pouco tempo teñen que replantar porque os caracois golosos comen e non se fartan de comer.
Non está ben eliminar os caracois, pero podemos facer que rexeiten comer leitugas, verduras e coles.

A cinsa ou borralla das lareiras ou cociñas de leña son unha boa opción. Bótase na terra e así os caracois teñen mal camiñar para chegar ás plantas. Esta opción non é efectiva cando chove porque ó mollarse a cinsa os caracois desplázanse sobre ela.

Lembramos unha pócima facilitada por Luz cando no horto do cole e no invernadeiro as follas estaban comestas polos caracois.

-Precisamos: 5 litros de auga e 500 gramos de fento.


-Facemos unha infusión botando nunha pota a auga e tamén o fento. Unha vez que ferva, retiramos o fento e deixamos a auga enfriar.

Aplicaremos a pócima na parte aérea da planta cun pulverixador, procurando botar debaixo das follas, que en moitas ocasións agóchanse no envés os caracoliños.Podemos botar os días que precisemos. 

Mandámoslle un saúdo a Luz.

Podemos facer que os caracois busquen un refuxio como pode ser un ladrillo ou unha tella boca abaixo. Nese refuxio podemos atrapalos con facilidade para enredar con eles,  e mesmo botalos nun composteiro para que colaboren descompoñendo materia.

CULTIVAMOS LEITUGAS DENTRO DA CASA

Anque non teñamos horto hai que ter inxenio e podemos cultivar dentro da casa. Mirade á profe Eva, que dunha leituguiña mantida preto da ventá en auga, xa ten unha leituga fermosa e apetitosa.



NA CASA SEMENTAMOS MARGARIDAS E PLUMEIROS

Para garantir que haxa margaridas e plumeiros, a profe Pili botou unha pouca semente sobrante nun anaco da súa horta. vealí que xerminaron as sementes e aplicamos o saber facer que señora Moncha nos ensinou das margaridas "Reina" e plumeiros vermellos. Dende aquí lembramos a xenerosidade da señora Moncha e mandámoslle un saúdo.


miércoles, 22 de abril de 2020

NA CASA

No coidado dun mesmo e dos que están preto radica que esta pandemia vaia remitindo e voltemos á normalidade pronto.

Estamos confinados pero isto non significa non facer nada. Nestes días axudamos, investigamos, aprendemos e aplicamos inxenio e creatividade cando:

-Traballamos a horta, plantamos no balcón ou mesmo dentro na casa.

-Producimos o que comemos, mercamos productos de proximidade e consumimos responsablemente alimentos saudables.

-Creamos xoguetes e enredos con plásticos, cartóns e outros materiais de refugallo.

-Arrincamos herbas, xuntamos restos e facemos compostaxe e abonos naturais.

-Cociñamos, facemos pan, doces e marmeladas naturais.

-Facemos xabóns, cremas, colonias e pasta dental.

-Incubamos, criamos e coidamos dos animais.

-Reciclamos papel, roupa...

-Reutilizamos e damos unha nova vida a obxectos que antes acabarían no lixo.

-Elaboramos pócimas naturais para enraizar escallos, revitalizar plantas e evitar pragas nelas.

-Aprendemos do saber facer dos maiores sobre a importancia da lúa, sobre técnicas e uso de ferramentas do campo, remedios caseiros, pobolos da tempada...

-Confeccionamos mascarillas, pantallas, protectores e xeles desinfectantes.

Nesta liña o blog vai expoñer todas as achegas que a comunidade educativa dende os fogares voluntariamente queira transmitir para aprender uns de outros.

Esperamos as comunicacións Voz Natura de todos e todas que manteñen o amor pola natureza. Pronto recibiredes información de a onde tedes que mandar as comunicacións para Voz Natura.

sábado, 4 de abril de 2020

CONCIENCIÁNDONOS

A escritora Rosa Aneiros visitou o noso colexio e presentou a súa última obra "Xelís, o guiero das botellas de mar", Premio Merlín de Literatura Infantil 2019. Fermosa obra para concienciarnos de non tirar lixo ó mar. O alumnado fixo botellas con mensaxes en base ó argumento desta obra.




RECICLANDO E SEMENTANDO

Os pequenos e pequenas animáronse a facer con caixas de ovos uns semilleiros chulos. Unha vez cheos os ocos de terra, botaron semente de tajetes en cada un deles e un flis-flis de auga.




OBRADOIRO DE INCUBACIÓN

Iniciou 5º B un obradoiro de incubación de pitiños...pero non proseguiu polo confinamento. Mágoa!






SEMILLEIROS

O venres 13 de marzo pequenos e pequenas de 4º de Infantil sementaron no invernadeiro para logo ter  margaridas de cores, margaridas "Reina" e plumeiros vermellos.







COLLEITA DO INVERNADEIRO

Para poder sementar no invernadeiro recolleuse o plantado. Os nenos e nenas que daquela alí plantaron están agora en 1º A e B de Primaria e repartiron entre eles a colleita de allo-porros e cabazas.







RECICLAXE

Temos un contenedor para os útiles de escritorio: bolígrafos, correctores, rotuladores...


jueves, 2 de abril de 2020

miércoles, 1 de abril de 2020

OBRADOIRO DE PINTURA SOBRE PEDRAS

Raparigos e raparigas de 6º A e 6º B amosaron as súas potencialidades artísticas nun obradoiro de pintura sobre pedras. As creacións ademais de decorativas teñen vertentes funcionais como pisapapeis, amuletos da sorte...












OBRADOIRO DE CANDEAS ARTESANAIS

Alumnado de 4º B de Primaria traballaron nun obradoiro de candeas artesanais feitas con aceite, cera de abella, pigmentos naturais...E fixeron unhas candeas preciosas!




OBRADOIRO DE XABÓNS

Os raparigos e raparigas de 5º A e 5º B de Primaria participaron nun obradoiro no que elaboraron xabóns naturais con base de aceites esenciais de plantas, aceite de oliva, glicerina, auga destilada, sosa cáustica e froitas.











OBRADOIRO DE BOTIQUÍN NATURAL

Pequenos e pequenas de 5 anos A e 5 anos B (6º de Educación Infantil) puxéronse a traballar nun obradoiro  no que elaboraron uns tarriños de crema natural hidratante, perfumada, reparadora, curativa de pupas... Dita crema ten como base aceite e anaquiños de plantas e flores que temos no colexio, que eles e elas mesmo se ocuparon de coller e cortar.