lunes, 13 de noviembre de 2017

Creamos un viveiro de árbores autóctonas

Coa idea de dotar dalgunhas árbores o novo patio que queremos, no Colexio imos a crear un viveiro de árbores autóctonas, polo que precisamos a colaboración de todo alumnado. O obxectivo é que cada alumno/a prante unha landra dun carballo ou dunha sobreira que ó medrar transplantemos no patio novo nun lugar axeitado. Cada árbore levará unha tarxetiña que identifica quen prantou a semente desa árbore polo que co paso do tempo saberase sempre de quen é esa árbore.

Non imos converter o patio novo nunha carballeira, senón que se seleccionarán as árbores máis destacadas, polo que as que non se pranten no patio terán outras fins importantes: trocar árbores con outros Centros, facer repoboacións de árbores en lugares de interese no Concello e Concellos próximos, venda de árbores autóctonas para obter cartos para mercar xogos para o patio novo,etc. Se prantamos as sementes agora en outubro é probable que en febreiro xa vexamos os primeiros xermolos de árbores autóctonas. 

Os bricks sementados ubicaranse detrás do cruceiro a carón das vivendas de mestres para que todos/as poidan ver como medran. Precisan pouco coidado pero todos/as debemos ser responsables cando vaiamos a curiosear alí as nosas árbores ou cando os mestres/as recomenden ir botarlles un pouco de auga

No hay comentarios:

Publicar un comentario