miércoles, 20 de marzo de 2019

1º E 2º DE PRIMARIA FIXERON UN OBRADOIRO DE INCUBACIÓN DE PARRULOS

A xenerosa  colaboración da familia Silva Soutullo fixo posible que o alumnado de 1º e 2º de Primaria participase activamente nun obradoiro no que incubaron ovos de parrulo. Os rapaces e rapazas recibiron o 25 de xaneiro a incubadora cos ovos e tamén unhas indicacións básicas do que tiñan  que facer como responsables do obradoiro. A incubadora era básica polo que o alumnado ocupouse de manter a humidade, calor e do volteo dos ovos. Aos dez días puideron ver a través dun ovoscopio a formación das aves dentro dos ovos.




 A eclosión do primeiro ovo foi o 21 de febreiro e outro ovo o luns 25. Os demais ovos non eclosionaron e por influenza da lúa chea perdéronse. Por sorte, deses dous ovos, naceron dous parrulos que encheron de ledicia e ambiente avícola a aula de 2º de Primaria.



 Despois duns días de coidados nunha vitrina e mesmo de porlles nome ós parrulos todos tiveron oportunidade de ver o primeiro baño das aves no estanque do colexio. Todo un espectáculo!


Grazas unha vez máis á familia Silva Soutullo e tamén á familia Cousido Padín por colaborar neste obradoiro e facer posible que aprendizaxes teóricas sobre reproducción de aves sexan prácticas e vivenciadas para o alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario