sábado, 23 de mayo de 2020

O ALLO AMIGO


Ó igual que as relacións entre as persoas, no plantío tamén hai plantiñas que son amigas e outras que, como estean xuntas, lévanse mal. Son moitas as razóns de afinidade ou repulsa entre as plantas e para que se entenda, vou facer un símil coa xente:

-lévome ben coa  amiga máis alta que teño porque ó seu carón no verán estou á sombra e me colle as mazás saborosas do alto na maceira.

-nas comidas gústame estar ó lado de quen menos come para comer eu ata fartar.

-se me dan a escoller prefiro un amigo alegre que conte chistes bos porque me fai rir, a súa simpatía axiña atrae a máis amigos e armamos unha festa.

-estou a gusto coa xente limpa e pulcra que non se lle pousa unha mosca e así a min tampouco as moscas veñen.

-...(multitude de exemplos teríamos que daría para varias páxinas)

Imos a falar do allo amigo doutras plantas. Coñecemos de sobra o olor e sabor do allo e cada vez descubrimos moitas posibilidades (preguntade ós maiores). O allo é unha plantiña que algunhas plantas preto queren ter. Vexamos un par de exemplos:

Nesta tempada soemos ter algunha planta de amorodo e esperamos que dela saian os prezados e saborosos froitos vermellos. Dependendo  do lugar e coidados que lle deamos á planta teremos fermosos ou non agraciados froitos. Pero se plantamos un allo preto dunha planta de amorodos pronto veremos unha importante melloría na saúde, vitalidade e froitos.


                                                                                                  Probade e logo contádenos.


O allo tamén se leva ben coas roseiras e senón plantade algún allo preto delas e xa nos diredes.



Queremos saber de máis plantas que gusten ter preto ó allo amigo.

Mandade as vosas experiencias para aprender uns de outros.






No hay comentarios:

Publicar un comentario