viernes, 24 de septiembre de 2021
COLLEITA NO VERÁN
As cenorias de cores xa estaban pañadeiras. Almacenáronse nunha cámara frigorífica para que, iniciado o curso, a aula que as cultivou poida facer o que queiran con elas. Boa colleita de cenorias brancas, moradas, amarelas e laranxas!
E xudías, berenxenas, acelgas, tomatiños e pementillas!
Cebolas recollidas con lúa menguante segundo o saber tradicional.Deixáronse secar e gardáronse para que, iniciado o curso , a aula que as cultivou teña proveito delas.Gardáronse sementes tamén.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario