jueves, 26 de mayo de 2022

CONCURSO-EXPOSICIÓN VOZ NATURA DE ESPANTALLOS

 Temos o horto moi apetecible para que veñan  paxaros. Por este motivo organizamos un concurso-exposición de espantallos.

 O 12 de maio informamos ás familias sobre este concurso-exposición e ata o 23 de maio achegaron as súas creacións ó colexio. Tradición, creatividade, inxenio e uso de material de refugallo...todos espantallos expostos teñen moito mérito e tempo de traballo. Foi complicado determinar os espantallos premiados pero converxemos (Guillermo e membros do equipo Voz Natura)  en dar un primeiro premio ó ciclista, un segundo premio ó guitarrista e un terceiro premio ó robot.






Parabéns para os creadores e creadoras destes espantallos que recibirán o seu premio o luns 30.

Agradecemos a todos alumnos e alumnas que participaron no concurso-exposición, parabéns tamén a todos eles e elas porque o luns 30 tamén recibirán unha gratificación por participar.

O martes 31 e o mércores 1 con axuda de Guillermo instalaremos todos os espantallos nos hortos do colexio.

                              

O alumnado que queira levar o seu espantallo para casa  que avise ó equipo Voz Natura e pode levalo cando queira. 

                                                             Moitas grazas por participar!








No hay comentarios:

Publicar un comentario