jueves, 24 de noviembre de 2022

PREPÁRASE O HORTO

O 10 de novembro familias das aulas que van cultivar e mestres, guiados polo mestre de cultivo biointensivo Guillermo Rodríguez, prepararon o horto. Iniciamos a actividade no horto novo retirando os espantallos e herbas. Utilizouse o bieldo para afloxar a terra e foi doado posto que a terra, ó non ser pisoteada, estaba solta e permitía arrincar con facilidade o necesario. Ademais de herbas, retiráronse os amorodos para replantar, colleitouse boniato pouco desarrollado pola xeada e recolleuse material seco dos xirasois para compost.
Logo, no horto do invernadeiro, preparáronse os bancais afloxando a terra co bieldo e retirando herbas. Obtivemos o primeiro compost peneirándoo cunha caixa afuracada. Adecentouse o interior do invernadeiro para iniciar as actividades de semilleiros. Acumulamos unha boa meda de gramón que non se pode aproveitar para facer compost tipo biointensivo, pero buscarémoslle unha solución ou destino.
Tamén xurdiron ideas para evitar as herbas lindeiras do invernadoiro, falamos de curiosidades do amaranto e tamén doutras plantas que poden ter un lugar no colexio para disfrute de todos. Agradecemos a colaboración das familias que participaron neste traballo! Seguramente máis familias tiñan gañas de vir pero non puideron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario