jueves, 8 de diciembre de 2022

DESFACERNOS DO GRAMÓN XA TEN SOLUCIÓN!

O gramón que invade o horto do invernadeiro resulta inservible para facer o compost do método biointensivo. O técnico que se ocupa da compostaxe no concello visitounos o 25 de novembro e asesorounos para facer compost do gramón no composteiro que está no viveiro das árbores. Ese composteiro data do 30 de xaneiro do 2018, pero anteriormente xa había un no colexio. No proceso de transformación son importantes: aire, auga e alimento. O composteiro ten ventilación polos ocos laterais e tamén por abaixo. Debaixo ten unha malla plástica pero recomenda que sexa metálica para evitar a entrada de roedores. Non despide mal cheiro se seguimos as indicacións do técnico que son: unha porción de alimento a descompoñer por unha mitade de gramón ou estruturante. Debemos remover ocasionalmente e manter a humidade de xeito que non estea empapada a mestura. Con facilidade acadará interiormente os 50 graos e obteremos un abono natural que poderemos utilizar no viveiro das árbores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario