miércoles, 7 de diciembre de 2022

ANDAINA Ó PARQUE DOS PASALES A CELEBRAR O MAGOSTO

O 11 de Novembro todo o colexio fixo unha andaina ós Pasales para celebrar alí o Magosto. O tempo foi maravilloso e permitiu que todos gozásemos dunha camiñata ata esa fermosa paraxe.
Alí mentres agardamos polas castañas asadas os rapaces e rapazas realizaron xogos e bailes.
Tomamos as castañas asadas e, de seguido, a música do grupo Penaguda amenizou a celebración.
Como remate de festa déronse os premios ás cabazas do Samaín. As cabazas mellor talladas resultaron ser: Teo González de 4º de Infantil, Álex García de 2º, Bruno Otero de 3ºB e Iker Pazos de 6º. As cabazas mellor pintadas corresponderon a: Sara Vázquez de 5º de Infantil, Mateo Lariño de 1ºA, Carmen Domínguez de 4ºA e Carla Méndez de 6º. E as cabazas máis orixinais foron: Gonzalo Muñiz de 5º de Infantil, David Varela de 2º, Antía Rodríguez de 4º B e Alba Peña. Parabéns para os premiados/das e moitas grazas a todo o alumnado que participou daquela na exposición de cabazas!
De volta ó colexio puidemos observar algún dos castiñeiros que plantáramos polo Magosto do 2020 e ben vai medrando!
No blog O CEIP Coirón en imaxes podedes ver un vídeo moi chulo desta celebración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario