lunes, 14 de febrero de 2022

PREPARACIÓN DO HORTO DO INVERNADEIRO

 O  mércores 2 de febreiro convocamos ás familias das aulas que van cultivar para que axudasen a preparar o horto do invernadeiro.  

É un horto  con moito gramón e no que se atopa moita pedra. Antigamente ese espazo era un patio de recreo e posteriormente reformouse e converteuse nun xardín. Dende  o 2017 cultivamos nel e temos o invernadeiro.

Xuntamos neste cometido de preparar o horto un grupo xeitoso de nais/pais, que xunto con algúns raparigos/raparigas foi unha actividade que se desenvolveu moi ben.

Co asesoramento de Guillermo Rodríguez determinouse deixar o invernadeiro para as actividades de sementeira en caixóns. Guillermo prevía que para sementar o invernadeiro non é suficiente e decideuse  facer dous bancais de 4 x 0'80m destinados á sementeira tamén. Arrincáronse uns amorodos  plantados hai xa dous anos e nese espazo preparáronse dous bancais libres das tubaxes soterradas de rego. Tamén se preparou o bancal de 3x1m instalado o curso pasado para cultivar nel.
















 

Non foi fácil: había  moitísimo gramón,  infinidade de pedras, cachos de terrazo e terra dura que nunca antes se afondou 60 cm. Ninguén se rindeu e todos tivemos oportunidade e vontade de realizar distintas tarefas coas ferramentas.

 Mil grazas ás familias que participaron !

Guillermo tomou mostras da terra para analizar e informará do estado do terreo de forma detallada. 

O mércores 9 de febreiro os nenos e nenas de 5 anos retiraron algunhas pedriñas obtidas cando  se preparou o horto.







No hay comentarios:

Publicar un comentario