jueves, 3 de febrero de 2022

PREPARACIÓN DO HORTO NOVO

O venres 21 de xaneiro con axuda das familias que puideron vir preparáronse os bancais do horto novo para cultivar.
 Neste curso imos cultivar co asesoramento e guía de Guillermo Rodríguez que é mestre especialista no método biointensivo.
 É moita a información sobre esta modalidade de cultivar pero para ser breves e iniciarnos hai que ter en conta:

 -Tamaño dos bancais: no noso caso os bancais xa estaban feitos cunhas medidas axeitadas e con espazos entre eles, pero hai unhas medidas aconsellables para traballar dende fora do bancal e cunhas dimensións para o autoconsumo.
 -Orientación dos bancais: a orientación axeitada é norte-sur para que todos cultivos do bancal reciban luz solar equitativamente.
 No noso caso os bancais non teñen esta orientación por cuestións de emprazamento. Os bancais que temos poden favorecer que cara o leste as plantas capten máis luz, desarrollen máis e dean sombra ó plantío que de por si é de menor tamaño.Ten sinxela solución. 
-Nivel do chan: procúrase que o terreo dun bancal teña o mesmo nivel. Un bancal con dúas alturas ocasionaría claras diferencias por estar a distinta altura que repercutirían nos cultivos.
 -O terreo traballado non se pisa: Vemos e sabemos que a terra traballada que logo se pisa require volver a traballarse pero é un traballo contínuo que pode evitarse con este método. Co método biointensivo o traballo máis costoso é o inicial de preparación e ó non pisarse soamente se remove lixeiramente cada ano ou dous.
 -O bieldo e a laia como ferramentas: son ferramentas manuais que fan perfectamente o traballo de calquera aparello mecanizado. Ademais de non deixaren pegada contaminante permiten que cadaquén, sen esforzo, utilice o peso corporal sobre a ferramenta para traballar o terreo sen ocasionar doenzas corporais nin posturais. 
-Doble escavación: colócase un taboleiro dentro do bancal cuns 30cm ó linde sobre o que traballamos encima, repartíndo o peso da persoa na terra que esta debaixo. Coa laia retírase unha altura de 30 cm de terra e deposítase nun capacho. Logo afondamos co bieldo afloxando a terra outros 30 cm, chegando a preparar 60 cm de fondo, que permitiran que as raices dos cultivos facilmente se desarrollen e non queden estancas. Pensemos que a parte aérea dun cultivo depende da absorción de nutrientes e a raiz ben desenvolta repercute no crecemento da planta. Móvese o taboleiro conforme se vaia traballando o terreo pero depositándoo sobre o antes xa traballado. Para evitar amontoar terra, rastréxase cun angazo.

 Tendo en conta que as ferramentas non eran apropiadas para utilizar os nenos e tamén que afloxar o terreo 60 cm de fondo por primeira vez custa, pedimos axuda ás familias do alumnado das aulas interesadas en cultivar.

 Convocamos en decembro pero non logramos suficientes persoas para facer o traballo.
 Agora en xaneiro convocamos ás familias e xa puidemos facer o traballo. Xuntámonos un grupo de persoas e baixo a guía e o saber facer de Guillermo foi doado deixar o horto preparadiño. Mesmo había raparigas que axudaron en tarefas de pouco esforzo.
 Mil grazas ás familias que colaboraron neste traballo!
 Estamos seguros de que moitas familias tiñan interese pero non podían.
 Haberá máis ocasións posto que non se tocou o bancal das aromáticas nin o das ornamentais. Tamén se vai preparar o horto no que está o invernadeiro e hai traballo dabondo. 

 Aquí van algunhas imaxes:





No hay comentarios:

Publicar un comentario