miércoles, 1 de abril de 2020

HORTO MANOS UNIDAS

Creamos un horto ecodidáctico con MANOS UNIDAS. Antes de crear o horto o profesorado recibiu o 28 de xaneiro formación do proxecto de MANOS UNIDAS "Fame cero" da Axenda 2030 da ONU. A formación foi impartida por Paco Reigol (técnico e enxeñeiro agrónomo ) acompañado por Hilda, que coordina e colabora con MANOS UNIDAS en Pontevedra e é mestra xubilada do noso colexio. A creación deste horto ten como cometido ser unha ferramenta de transformación, formando e facendo partícipes a mestres e alumnado polo dereito humano á alimentación no marco dos obxectivos de desarrollo sostible.

Participan neste horto 2º, 5º A e 5º B de Primaria e deséñanse tres bancais que se ubican na parte de arriba do viveiro de árbores. Para facer os bancais as monitoras Lucía e Menchu utilizaron canas de bambú e bímbios. Delimitaron tres bancais rectangulares espetando na terra canas grosas de bambú duns 50 cm de alto. Con bímbios longos e bambú foron trenzando entre as canas ata formar os bancais. Rechearon de terra e a plantar o 6 de febreiro:
5ºA plantou: romeu, allos  xunto a amorodos e tomillo.
5ºB plantou: cebola branca xunto con leituga de carballo, rábanos con ourego nos extremos, brécol e leituga, e cebola vermella.
2º plantou: espinacas con ourego nos extremos, repolo Coirón e chícharos.



MANOS UNIDAS complementou a creación do horto ecodidáctico cun obradoiro de Comercio Xusto o 20 de febreiro a cargo da organización PROYDE, para sensibilizar e formar ó alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria sobre a importancia e a calidade dos produtos que consumimos a nivel mundial, valorar os produtos de proximidade, e a importancia dun consumo responsable.




No hay comentarios:

Publicar un comentario