jueves, 23 de abril de 2020

PÓCIMA REPELENTE PARA O CARACOL, CARACOLEIRO...

Moitas familias queixanse de que plantan leitugas e ó pouco tempo teñen que replantar porque os caracois golosos comen e non se fartan de comer.
Non está ben eliminar os caracois, pero podemos facer que rexeiten comer leitugas, verduras e coles.

A cinsa ou borralla das lareiras ou cociñas de leña son unha boa opción. Bótase na terra e así os caracois teñen mal camiñar para chegar ás plantas. Esta opción non é efectiva cando chove porque ó mollarse a cinsa os caracois desplázanse sobre ela.

Lembramos unha pócima facilitada por Luz cando no horto do cole e no invernadeiro as follas estaban comestas polos caracois.

-Precisamos: 5 litros de auga e 500 gramos de fento.


-Facemos unha infusión botando nunha pota a auga e tamén o fento. Unha vez que ferva, retiramos o fento e deixamos a auga enfriar.

Aplicaremos a pócima na parte aérea da planta cun pulverixador, procurando botar debaixo das follas, que en moitas ocasións agóchanse no envés os caracoliños.Podemos botar os días que precisemos. 

Mandámoslle un saúdo a Luz.

Podemos facer que os caracois busquen un refuxio como pode ser un ladrillo ou unha tella boca abaixo. Nese refuxio podemos atrapalos con facilidade para enredar con eles,  e mesmo botalos nun composteiro para que colaboren descompoñendo materia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario