miércoles, 22 de abril de 2020

NA CASA

No coidado dun mesmo e dos que están preto radica que esta pandemia vaia remitindo e voltemos á normalidade pronto.

Estamos confinados pero isto non significa non facer nada. Nestes días axudamos, investigamos, aprendemos e aplicamos inxenio e creatividade cando:

-Traballamos a horta, plantamos no balcón ou mesmo dentro na casa.

-Producimos o que comemos, mercamos productos de proximidade e consumimos responsablemente alimentos saudables.

-Creamos xoguetes e enredos con plásticos, cartóns e outros materiais de refugallo.

-Arrincamos herbas, xuntamos restos e facemos compostaxe e abonos naturais.

-Cociñamos, facemos pan, doces e marmeladas naturais.

-Facemos xabóns, cremas, colonias e pasta dental.

-Incubamos, criamos e coidamos dos animais.

-Reciclamos papel, roupa...

-Reutilizamos e damos unha nova vida a obxectos que antes acabarían no lixo.

-Elaboramos pócimas naturais para enraizar escallos, revitalizar plantas e evitar pragas nelas.

-Aprendemos do saber facer dos maiores sobre a importancia da lúa, sobre técnicas e uso de ferramentas do campo, remedios caseiros, pobolos da tempada...

-Confeccionamos mascarillas, pantallas, protectores e xeles desinfectantes.

Nesta liña o blog vai expoñer todas as achegas que a comunidade educativa dende os fogares voluntariamente queira transmitir para aprender uns de outros.

Esperamos as comunicacións Voz Natura de todos e todas que manteñen o amor pola natureza. Pronto recibiredes información de a onde tedes que mandar as comunicacións para Voz Natura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario