domingo, 26 de marzo de 2023

FACEMOS A COMPOSTA



As plantiñas comen e facémoslle a súa comida preferida: composta. Son moitas as plantas ás que darlle de comer e determinouse cociñar en dúas potas ( horto do invernadeiro) dun metro cúbico cada unha. Delimitadas as potas con paus nas esquinas, abrandouse o terreo e, coma se fose unha lasaña, foise intercalando palla, terra e herba dos bancais. Entre capa e capa aplicámoslle unhas boas regadeiras de auga. o alumnado de 3 anos tivo o privilexio de facer o pé de pota.














O alumnado de 1ºA continuou traballando nas potas pero tiveron que arrincar antes a herba no horto novo:







O alumnado de 1ºB, 2º e 3ºA tamén traballou para facer composta. Aquí vemos ós rapaces e rapazas de 3ºA:




Proseguiron facendo composta as aulas de 3ºB, 6º , 4ºA e 4ºB. Ollamos ó alumnado de 6º:



E a composta quedou feita. Acadará bastantes graos e a humidade fará que a materia seca e verde se descompoña.








































No hay comentarios:

Publicar un comentario