viernes, 31 de marzo de 2023

TEMPO DE TRANSPLANTAR

 As plantiñas medraron no invernadoiro e acadaron un tamaño xeitoso para plantar nos bancais. Cada aula ocupouse de transplantar as súas plantiñas (tamén chamadas plantóns).

O 21 de marzo 1ºA transplantou na cabeceira do primeiro bancal xirasois e xudías. Na cabeceira do segundo bancal tamén transplantaron xirasois, e altramuces.













O 27 de marzo realizaron a actividade de transplante as aulas de 2º, 1ºB e 3 anos.

 A aula de 2º transplantou no cuarto bancal: altramuces, xudías, leituga e ceboliño.


Aquí temos algunhas imaxes do alumnado de 1ºB, que completaron o primeiro bancal con: remolacha, allo porro e leituga. Tamén completaron o segundo bancal con: garabanzos, allo porro e leituga.




                   






 
Os pequeniños e pequeniñas de 3 anos plantaron no quinto bancal: altramuces, pataca agria, leituga e ceboliño.

O 30 de marzo realizaron a actividade de transplante as aulas de 4ºA, 3ºA e 3ºB.

Os rapaces e rapazas de 4ºA transplantaron no sexto bancal: garabanzos, pataca agria, leituga  morada e allo porro.


 O alumnado de 3ºA transplantaron no séptimo bancal: xirasois, altramuces, xudías e garabanzos.

Aquí temos algunhas imaxes do alumnado de 3ºB, que realizaron a actividade no horto do invernadeiro transplantando: garabanzos, leituga morada, remolacha, rúcula e allo porro.








 
Aproveitaron para comprobar o calor interior da composta, que acadou os 60 graos centígrados.






No hay comentarios:

Publicar un comentario