lunes, 13 de marzo de 2023

SEMILLEIROS

 O labor de sementar non é un traballo calquera, require moito mimo e coidado coma se fósemos prepararlle o durmir no berce a un bebé. No caixón de madeira que fai de berce o colchón de terra é unha mistura peneirada de sustrato con composta a partes iguais. Nese colchón cada semente deposítase en ocos separados. Así sementamos: garbanzos, fabas-xudías, altramuces e xirasois. Tamén sementamos rúcula. No caso da rúcula interesa que a semente vaia xunta para formar cepellón e seméntase a eito en testos pequenos. O último é tapar cunha capiña de terra, darlle un pouco de auga e que descansen no invernadeiro. Identificamos o sementado en cada caixón/testo: data, aula, semente e número de sementes. Xa iremos por alí para ver se espertan!

Aquí temos  a aula de tres anos:








Aquí están os de 1ºA:





Aquí están os de 1ºB:
Aquí están os de 2º:
O alumnado de 3º:





O alumnado de 4ºA tamén traballou neste labor.

Regar tamén había, así que regadeira e veña a darlle de beber ás sementes!


O invernadeiro está cheo e cada aula ten que buscar os seus semilleiros.

































No hay comentarios:

Publicar un comentario