jueves, 8 de abril de 2021

CHARLA SOBRE O ALBERGUE DE ARMENTEIRA

 O 16 de marzo alumnado de 6º B e logo 6º A de Primaria participaron nunha interesante charla na que técnicas do Concello de Meis informaron do servizo que ofrece o albergue ós camiñantes da variante espiritual do Camiño Portugués. Trátase dun albergue próximo ó Concello de Meaño ubicado aos pés do mosteiro de Armenteira, que ofrece descanso aos peregrinos que realizan a etapa do camiño Pontevedra-Armenteira e inserto na ruta da Pedra e da Auga que comprende o inicio da etapa Armenteira- Vilanova.














As técnicas do Concello de Meis que viñeron dar a charla,  ademais de expoñer correctamente a información, resolveron as cuestións que plantexou o alumnado e amosaron disposición para cando queiramos informarnos e guiarnos na paraxe na que se ubica o albergue,  e mesmo facer un tramo de camiño. 

Agradecemos ó Concello de Meis por atender a nosa inquedanza de saber para coñecer os recursos como é neste caso o albergue de Armenteira.

O Salnés comprende un enclave  de importancia monumental e medioambiental  pola que transcorren  camiños de peregrinaxe e rutas. Animamos ás familias do alumnado a que visiten e camiñen na contorna do Salnés para coñecer, descubrir que non é necesario ir lonxe para atopar  fermosas paisaxes ás que poñer en valor e preservar.








No hay comentarios:

Publicar un comentario