jueves, 8 de abril de 2021

CHARLA SOBRE A RUTA SARMIENTO VINCULADA Á TEMÁTICA VOZ NATURA DOS CAMIÑOS A SANTIAGO

 O martes 9 e o mércores 10 de marzo viñeron do Concello de Meaño dar charlas a todas aulas que quixeron acerca da ruta Sarmiento que transcorre por Dena e tamén informar doutras rutas de interese.

Participaron o martes 3º de Primaria e logo 6ºB. O mércores tiveron a charla 6ºA, 4º e 2ºA de Primaria.




As técnicas do Concello que deron a charla ofreceron información moi interesante do traxecto da ruta polos Pasales a nivel etnográfico (as telleiras), paisaxístico e biolóxico (flora e fauna observables) e tamén referente a todas cuestións plantexadas polo alumnado. O alumnado quedou asombrado da importancia que ten dito traxecto. No pasado esa zona tiña telleiras nas que familiares e antepasados do alumnado traballaron. Medioambientalmente é unha zona moi  rica na que habitan animais curiosos e na que plantas e árbores reciben a frescura das augas do Complexo Intermareal.








Nas charlas tamén se deu información doutras rutas de interese no Concello e na contorna próxima. Meaño ten interesantes rutas: ruta monumental das capelas, ruta dos muiños, ruta do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas e ruta do río Chanca. Informaron  un chisco doutras rutas da contorna: da Pedra e da Auga, do río San Martiño e da ruta do río Umia. 
As técnicas que deron as charlas amosaron disposición para informar e guiar ó alumnado na realización das rutas  no Concello e na observación guiada medioambiental.

 Paradóxicamente pensamos que o que hai noutros lugares é impresionante e fermoso, cando en realidade é que descoñecemos a riqueza das terras que pisamos.
Ánimamos a todas familias do alumnado  a realizar estas rutas posto que hai que coñecer para poñer en valor o que é patrimonio de todos meañeses.



No hay comentarios:

Publicar un comentario