jueves, 8 de abril de 2021

OS NENOS E NENAS DE 3 E 4 ANOS B FIXERON UN OBRADOIRO DE INCUBACIÓN


 O 19 de xaneiro os nenos e nenas de 3 e 4 anos B meteron os oviños galeados nas incubadoras grazas ás achegas das familias do noso alumnado.





Visitamos os oviños, botamos auga e volteámolos.
Ollamos o seu interior co ovoscopio.


O 8 de febreiro naceu o primeiro pitiño e a partir do día 9 naceron outros poliños.







Preparamos con agarimo a súa nova e provisional casiña.


Puxemos calorciño cunha lámpada, preparamos o chan con viruta e deixámoslles comida e auga.
De vez en cando acariñámolos un pouquiño!




















A partires do venres 12 e do luns 22 de febreiro, ainda que non todos os ovos eclosionaron, cada neno/a levou o seu poliño para casa.

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.











No hay comentarios:

Publicar un comentario