jueves, 8 de abril de 2021

PREPARAMOS O HORTO NOVO DO PATIO


 

Temos un horto novo chulísimo! Está formado por oito bancais  de 1x3 metros en madeira de piñeiro roxo barnizada con aceite de teca para impedir o deterioro a curto prazo. Os bancais distribuíronse equidistantes na superficie de 49 metros cadrados do patio destinada para horto. Antes achanzouse  a  terra e retiráronse pedras, herbas e raíces leñosas. Recubreuse a superfice total con malla para evitar herbas e ter acceso limpo. Unha vez colocados os bancais, abreuse a malla interior dos mesmos para permitir o enraizamento potencial dos cultivos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario